miércoles, 1 de mayo de 2013

Cóntame un conto 3

Segue o mes dos libros e nos seguimos escoitando moitos contos.
Andrés, o pai de Sabela de 3 anos, estivo hoxe no noso colexio facendo un contacontos. Que imáxes tan bonitas ten "Bailar nas nubes".



"El arcoiris de Minnie" foi o libro que nos trouxo a curmá de Lucía de primeiro de Primaria.



 Esta semana tamén estivo connosco Noemí, curmá de Erik. Con ela puidemos disfrutar coa maxia de "Tito, o mago".


Alba, invitou a súa nai María e a Gloria. Elas contáronnos e tamén representaron unha historia  marabillosa que nos fixo pensar "Arturo y Clementina".


 Ao final Alba leu unha poesía moi bonita. Grazas

Esto é unha marabilla. seguimos recibindo visitas de pais, nais, curmás, amigas...
Moitas grazas por facernos vivir momentos tan fantásticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario