martes, 12 de abril de 2016

Los Mimpins

A Billy, a súa mamá non lle permite entrar no bosque próximo á casa onde viven. Advírtelle que hai monstros e seres horribles que poden facerlle dano... Pero Billy non fai caso e un día entra no bosque...que lle sucederá ao pequeno Billy?, atopará bestas terribles ou descubrirá un mundo marabilloso?..

O alumnado de terceiro leron este sorprendente libro de Roald Dahl, debuxaron os seus monstros e mais tarde representaron na biblioteca, nunha animación moi divertida, a historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario