sábado, 21 de mayo de 2016

CARREIRA CONTRA A FAME

Compartimos as primeiras imaxes que se publicaron a través dos medios da Carreira contra a Fame - Axuda en Acción, na que participamos moitas persoas da comunidade educativa do centro.

A finalidade desta actividade era a visibilizar as situacións de precariedade e de incentivar a reflexión sobre que a situación social inxusta que nos rodea, non só coa carreira senon con actividades de sensibilización que se realizaron durante estes días.

Nas nosas mans está o poder contribuír a ir mudando estas situacións inxustas, tratando de ser cada día persoas un pouco máis conscientes e solidarias.



Queremos agradecer a colaboración de tódalas familias que se interesaron e colaboraron de calquera xeito nesta carreira solidaria (na organización, correndo ou coas aportacións económicas).

Esta foi a nosa primeira carreira pero cremos que non vai ser a última xa que resultou unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

Parabéns a todas e todos!!

Mais información na páxina web do centro



No hay comentarios:

Publicar un comentario