lunes, 30 de enero de 2017

ENCONTRO CON JAVIER BAULUZ E PATRICIA SIMÓN

O pasado venres, tivemos a sorte de ter unha visita moi especial: o fotoperiodista Javier Bauluz, e a periodista Patricia Simón. Tanto o un como outro enfocan o seu traballo cara a loitar polos Dereitos Humáns. Proba de iso é o seu periódico dixital "Periodismo Humano".
                                                                                                  Compartiron coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria os seus traballos sobre as persoas migrantes e refuxiadas; a súa perspectiva de que son persoas, non cousas nin números, senón persoas que necesitan a nosa axuda igual que nós si estiveramos fuxindo do noso país por motivos de raza, relixión, xénero, orientación sexual, opinións políticas, etc.
Explicáronos o importante que é loitar contra a xenofobia que cada día está crecendo máis e máis. E dixéronos cal é a mellor mediciña.....A EMPATÍA!!! poñerse no lugar dos outros e percibir o seu sentir.

E, xa pola tarde, foi o tempo dos maiores. E describiron as súas experiencias na nosa fronteira sur, Melilla, e o camiño a pé que fixo Javier coas persoas desprazadas en situacións límite, desde Lesbos ata Alemaña; e explicaron as políticas e prácticas dos medios de comunicación internacionais en torno a esta crise humana. A súa intervención deu lugar a un animado coloquio posterior, no que houbo un sentir común: "poñámonos a traballar para que a xenofobia non avance"
Gracias Patricia. Gracias Javier. Lembrarémosvos sempre.

Aquí deixámosvos un vídeo resumo de toda a xornada que compartimos con eles. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario