jueves, 15 de junio de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Seguimos gozando cos contos e os libros que nos traen as nosas familias.






Agora que chegan as vacacións, invitámosvos a seguir gozando coas historias dos contos cos vosos fillos e fillas.
A nosa biblioteca pecha durante o verán, mais sabedes que temos moi cerca unha biblioteca que está chea de bos libros e actividades, a biblioteca do Monte Alto.
Agradecemos e esperamos a vosa imprescindible colaboración para o próximo curso.
Moitas grazas a todos.  

Despedida dos axudantes da biblioteca

O curso está chegando ao seu fin. Xa é tempo de recoller e preparar a biblioteca para o novo curso.
Mais antes, temos que agradecer todo o esforzo a estes rapaces e rapazas que ao longo de todo o curso, adicaron o tempo de recreo a axudar na biblioteca.




Sen vós, non se poderían facer moitas das actividades que se fixeron ao longo do curso.
Esperamos que esta actividade fose gratificante para vós e esperamos a vosa colaboración para o próximo curso.
Un agradecemento especial para  Lucia Abuín  e Lucía Alvite que colaboraron coa biblioteca durante varios cursos. Desexamosvos que continuedes gozando cos libros na nova etapa do instituto.
Grazas a todos.

viernes, 2 de junio de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de maio tivemos a sorte de contar con familiares dos nenos de Elmer que nos viñeron a contar algúns contos ben bonitos. Moitas gracias por esos momentos tan fantásticos que puideron vivir os nenos e as nenas gracias a maxia dos vosos contos.

Aquí temos a Laura, unha futura contacontos. Preparou, xunto coa súa nai Flora, uns crocodilos de goma eva para cada uns dos seus compañeiros.
  
Despois, entre as dúas, contáronnos o conto do crocodilo que non era tal.

Mirade estas cariñas…
Lola e Alicia

Victoria e Josefina
 Claudia e Rebeca

A mamá de Lucas I. tróuxonos un conto do Ratoncito Pérez e con el unha sorpresa. Presentounos a irmá pequeniña de Lucas, Sofía,  que estivo moi tranquiliña escoitando o conto da súa nai. 


E aquí temos outra futura contacontos… Ruth e a súa mamá Berta.
    Dáselle moi ben!

GRACIAS A TODOS POR VIR!!




jueves, 1 de junio de 2017

DRAMATIZACIÓN DE "LAS BRUJAS"

Durante a "Hora de ler", toda a rapazada de cuarto gozaron moito coa lectura de "Las Brujas" de Roald Dalh.

Agora fixemos unha pequena representación da novela na biblioteca e foi moi divertido.



















Reparto:

O protagonista: Diego
A avoa : Xiana
Gran Bruxa: Noa
Bruno: Manuel
Pai de Bruno: Juan
Nai de Bruno: Lucía
Director hotel: Raúl
Camareira: Veronica
Bruxas:Todos os rapaces e rapazas.


Continuade gozando coa lectura, os libros axúdannos a pasar grandes momentos inesquecibles
Parabéns para todos.