viernes, 2 de junio de 2017

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de maio tivemos a sorte de contar con familiares dos nenos de Elmer que nos viñeron a contar algúns contos ben bonitos. Moitas gracias por esos momentos tan fantásticos que puideron vivir os nenos e as nenas gracias a maxia dos vosos contos.

Aquí temos a Laura, unha futura contacontos. Preparou, xunto coa súa nai Flora, uns crocodilos de goma eva para cada uns dos seus compañeiros.
  
Despois, entre as dúas, contáronnos o conto do crocodilo que non era tal.

Mirade estas cariñas…
Lola e Alicia

Victoria e Josefina
 Claudia e Rebeca

A mamá de Lucas I. tróuxonos un conto do Ratoncito Pérez e con el unha sorpresa. Presentounos a irmá pequeniña de Lucas, Sofía,  que estivo moi tranquiliña escoitando o conto da súa nai. 


E aquí temos outra futura contacontos… Ruth e a súa mamá Berta.
    Dáselle moi ben!

GRACIAS A TODOS POR VIR!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario