martes, 30 de enero de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


No noso cole celebramos o día da Paz facendo Paxariñas de cores nas aulas de Primaria e un Arco da Vella coas fotos nos nenos e nenas de Infantil e as fotos dos mestres/mestras e persoal do cole.

Hoxe xuntámonos facendo o Símbolo da Paz para canta a canción I`ve Got Peace in My Fingers e dar os Premios Nobeles da Paz. Estas foron as persoas elexidas polos seus compañeiros/as. Parabéns a tod@s! 




viernes, 26 de enero de 2018

Canción para o día da Paz

A practicar...


DÍA DA PAZ

IMG_256IMG_256PREMIOS NOBEL DA PAZ DO COLE VÍCTOR LÓPEZ SEOANE
O Premio Nobel da Paz é un recoñecemento que se outorga á persoa ou institución que traballa máis ou mellor en favor da fraternidade entre as nacións, a abolición ou redución dos exércitos existentes, e a celebración e promoción dos procesos de paz.
No noso cole tamén queremos recoñecer a labor daquel alumnado que contribúe diariamente á mellora da convivencia da aula e do clima do centro.

Es unha persoa...
 que respecta aos demais e non despreza a ninguén?

Es unha persoa...
xusta, xenerosa e que comparte cos demais?

Es unha persoa...
 que sabe perdoar se alguén che fai mal?

Es unha persoa...
 que intenta solucionar os problemas amablemente?

Es unha persoa...
 que escoita, dialoga e non intenta impoñer a súa opinión pola forza?

Se respondiches que SI a maioría destas cuestións poida que sexas elixido como un dos premiados. Senón pensa cal dos teus compañeiros/as merecería ser galardoado/a e entre todos/as os compañeiros/as da clase decidide cal será a vosa proposta de candidato/a.

jueves, 25 de enero de 2018

CONTACONTOS EN FAMILIA

Abrimos o prazo para que as familias do alumnado que o desexen se anoten para vir a contar un conto á biblioteca do cole! Agardámosvos!

CONTACONTOS KAMISHIBAI

O alumnado de 6º preparou uns contos para contar co teatrillo do Kamishibai para o alumnado de 1º.