jueves, 29 de marzo de 2018

RECITAL DE POESÍA. GOT POETRY? Martes 20 de marzo

Este ano o noso recital de poesía tivo un toque especial pois... había xurado! Quixemos facer unha versión do programa de tv, Got talent! Así que xa vos podedes imaxinar quenes eran os que votaban se pasaban ou non a seguinte fase.
O noso alumnado ten moito talento elaborando, redactando, inventando, memorizando e como non, recitando POESÍA! E que mellor forma de ensinar as súas dotes ao resto dos compis.
Organizamos o festival en 4 días para que tod@s puidesen asistir de público e recitar. O xurado e o público decidiron o alumnado que merecía volver a recitar. E como en todo recital que se precie, no noso tamén houbo PASE DE OURO!
Deixovos as fotos do 1º día.

sábado, 24 de marzo de 2018

Contacontos en familia

E continuamos recibindo familias na hora de ler. É o momento que máis nos gusta:
Familia de Xoel (4 anos A)


 Familia de Celia (3 anos A)

jueves, 15 de marzo de 2018

Creando curtas

O alumnado de 6º quedou con ganas de seguir creando material audiovisual e despois da experiencia en Maiores máis menores do primeiro trimestre, nesta ocasión preséntannos unha curtametraxe elaborada da aula para concienciar sobre os perigos ao volante.
Como sigades así, vanvos contratar para a vindeira campaña da DGT! Parabéns!

miércoles, 14 de marzo de 2018

Actividade Maiores máis menores

O noso alumnado de 4º e 6 de primaria participou durante o primeiro trimestre na actividade MENORES MÁIS MAIORES, que se enmarca dentro do programa LECER ACTIVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración con OQO editora.
Esta actividade consiste en promover o contacto entre maiores e cativos e crear relacións interxeneracionais a través da realización dunha curtametraxe coa técnica de animación stop-motion con plastilina.
O libro representado nesta ocasión foi O AVÓ DE ZULAIMAR da editorial OQO.































Aquí podedes ver algunhas fotos dos maiores da Residencia Torrente Ballester e os alumnos/as do CEIP Víctor López Seoane creando xuntos. Se queredes ver máis entrade na páxina do proxecto http://maiores.oqo.es/centro-4

Froito de esta entrañable experiencia é este audiovisual:  


E para os máis curiosos, o making off
Como se fixo a curta “O Avó de Zulaimar” A Coruña from OQO on Vimeo.

martes, 13 de marzo de 2018

Obradoiro de escritura e debuxo "O meu cole é..."

Co motivo da celebración da Xornada de portas abertas aproveitamos para propoñer ao noso alumnado un obradoiro no que nos contasen que é o cole para eles. Os mais pequenos mediante un debuxo e os maiores cunha redacción. Foi unha bonita actividade que permite ver a través dos ollos dos propios nenos/as . Os traballos estarán expostos polas paredes do centro.

Como mostra da actividade elaborouse este audivisual no que se recollen algunas das súas ideas, a través dunha mostra do alumnado do centro. Mágoa que non poidades sair todos/as. Botádelle un ollo!

lunes, 12 de marzo de 2018

Día da muller: 8 de marzo

O venres conmemoramos o día da Muller convidando ao centro a todas aquelas mulleres que desempeñan profesións habitualmente ocupadas polo sexo masculino. Para que nos contaran como é a súa profesión e se viviron situacións complicadas no seu eido laboral por desempeñar ese traballo.

Ao son dunha canción comezou a actividade coa presentación das invitadas na entrada do colexio.
Para a organización das charlas/coloquio crearonse grupos de expertos por aulas, así nunha mesma aula había alumnos/as de 1º a sexto. De xeito que ao voltar cada alumno/a a súa clase puidera compartir co resto dos seus compañeiros/as a súa experiencia e información recibida.
Se queredes saber máis, preguntádelle aos nenos/as!

Grazas por participar!

Charlas Día da Muller

As nosas heroínas: Xogadora de rugby; Veterinaria; Garda Civil; Arquitecta; Judoka; Xogadora de fútbol; Garda Xurado e conductora de camións!















Grazas Tania, Fátima, Pilar, Rocío, Patricia, Ainize, Yolanda e Esther!

domingo, 11 de marzo de 2018

Proxecto de investigación "As abellas"

O alumnado de  5 anos está embarcado nun proxecto sobre "As abellas" e que mellor que preguntar a quen sabe... Neste caso Mar de 1º e Manuel e Diego de 5º foron os encargados de contarlle aos máis pequenos máis sobre estes animais.





Horas de ler con irmáns do cole

A hora de ler é un momento máxico na xornada. Tan diferente e especial cada día como o son cada un dos nenos e nenas do noso centro. 
Aquí algunhas fotos de lecturas entre irmáns!