miércoles, 19 de septiembre de 2018

Proxecto viaxe a Canadá

Aí vai outras das novidades deste curso: O Proxecto viaxe a Canadá
Grizzly é un oso que veu ao noso cole na procura de intrépidos investigadores que lle axudaran a planificar a súa viaxe a Canadá. Xa temos varios voluntari@s! Gustaríache participar?
Grizzly propoñerache diferentes retos que deberás resolver para poder axudarlle.
Cada alumn@ que decida participar terá un pasaporte que irá cuñando con cada reto conseguido! Se consegues todos terás a túa recompensa.
As familias podedes seguir as súas aventuras a través de Instagram! https://www.instagram.com/victor_lopez_seoane/



Veu cargado de cousas: maleta, guía de


lunes, 17 de septiembre de 2018

Festival mar de mares

 Dende a biblioteca do centro gustaríanos informarvos da celebración da quinta edición do Festival Mar de Mares na nosa cidade do 20 ao 23 de este mes. Este festival quere achegarnos a vída dos océanos.  Se estades interesados podedes consultar a programación na súa páxina web. 
Agardamos que sexa do voso interese. 

http://festivalmardemares.org/el-festival/?lang=es

Radio na escola

Comezamos o curso con moitas novidades! Hoxe puidéchedes descubrir unha delas...Radioescola!
Cada mañá ao chegar e antes de subir ás aulas poderedes escoitar as novidades do día, da semana ou do mes a través da voz de cada un de vos. Noticias de prensa, excursións, concurso, actividades da escola ou do barrio, participación en actividades, conmemoracións... Estaredes ao día do que se coce no colexio dende primeira hora da mañá!
 Cada curso será o encargado de transmitir a información un día diferente da semana. Dende Infantil ata 6º escoitaremos as voces dos diferentes locutores transmitindo información antes da música de entrada. 

Aproveito para recordar que, como xa sabedes, a música tamén conta cun buzón de suxerencias. Así que se queredes entrar nas clases ao ritmo da vosa canción preferida só tedes que pedila! O mesmo as familias.

Agardo que vos gusten as novas propostas! Seguiremos sorprendéndovos! Estade atentos ;)

miércoles, 12 de septiembre de 2018

BENVIDA A TODAS E TODOS A ESTE NOVO CURSO!

E como puidéchedes ver xa temos novo lema para este curso: ILUSIONARTE!
Ese é o noso propósito tamén como mestr@s ilusionar a tod@s eses pequen@s que forman parte da nosa comunidade, da nosa Estrela (buscade a vosa foto no mural da entrada). Agora sí! Preparádevos que arrincamos!