viernes, 24 de febrero de 2012

Día de Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía no 175 aniversario do seu nacemento.



Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das máis importantes escritoras en lingua galega, así como tamén unha das principais responsables do Rexurdimento galego.
Rosalía viviu por tempadas en Ortoño e Padrón entre os nove e quince anos. En 1856 trasladouse a Madrid. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán.
A súa obra estivo profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. Os seus poemas falan do amor, da soedade, da nosa terra, da nosa lingua, das nosas tradicións,...
O 17 de maio de 1863 foi publicado en Vigo , Cantares Gallegos, que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. O Día das Letras Galegas celébrase coincidindo coa data de publicación desta obra.
Outras obras
  • Follas Novas.
  • La flor.
  • A mi madre.
  • En las orillas del Sar.
  • El caballero de las botas azules.

martes, 14 de febrero de 2012

Contacontos

O alumnado de Educación Infantil disfrutou dun contacontos moi especial.O contacontos fixérono alumnos e alumnas do IES Anxel Casal, uns estudantes de educación Infantil e os outros de linguaxe de signos. Os nosos alumnos descubriron unha nova linguaxe e quedaron abraiados.

lunes, 13 de febrero de 2012

Esta semana as clases de 5º de Educación infantil coñeceron a Biblioteca "González Garcés"

Todos os nenos e nenas de E.Infantil pasárono moi ben na visita que fixeron a Biblioteca "González Garcés" da Coruña. Poideron escoitar varios contos,leron libros e tamén poideron traer alghúns para o colexio. Chegaron entusiasmados e están desexando volver.

miércoles, 8 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ

Durante todo o mes de xaneiro estivemos traballando a Paz.
Bibliomistos, a mascota do colexio, convocou un concurso de contos.Todos os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo podían participar cun conto cuxa temática sexa de paz.
A participación foi moi numerosa e moi difícil escoller os gañadores.
O día 30 entregáronse os premios.