miércoles, 30 de mayo de 2012

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Hoxe ides ver unha adaptación do conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" representada por un grupo de mamás do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. Fanno de marabilla.
Pasadeo ben.
Enlace

viernes, 25 de mayo de 2012

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana estivemos celebrando "AS LETRAS GALEGAS".

O día  15 recibimos a visita de   Pepe Temprano. El presentounos varios instrumentos musicais tradicionais galegos.

 

Explicounos como se é unha gaita, as súas partes, como soa.






Acabamos cantando todos. Foi moi interesante e moi divertido.
Moitas grazas Pepe.

"AS LETRAS GALEGAS"


Este ano o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" está adicado a Valentín Paz Andrade (1898- 1987).
Valentín foi xurista, político, galeguista, empresario e tamén ensaísta e poeta. A Real Academia Galega adica este día a este autor polo seu forte compromiso co país, en diversas facetas, tanto no ámbito político, empresarial como literario. 


 Entre todos os nenos e nenas do colexio, logo de investigar e coñecer a Valentín, fixemos un gran mural para facerlle a nosa homenaxe.












martes, 22 de mayo de 2012

Cóntame un conto

Esta semana viñeron a contar os contos nais, pais ,tíos...
Susana, a nai de Lola, contounos o conto "Monty".



Félix, o tío de Alba, contoulles "La muñeca perdida" e "Félix y el dragón".


Fran, o pai de Miguel, sorprendeunos cunha adaptación dun conto europeo "Os chivos, chivóns".


Hoxe temos un día precioso e Sandra coa axuda da súa filla Hanan contounos "El lobo y los siete cabritillos"
 



Graciela, a nai de Óscar, presentounos "El ratoncito Pérez".