sábado, 29 de diciembre de 2012

Festival de Nadal

Xa chegan as vacacións. Celebrámolo cun festival moi divertido.
Os alumnos de sexto representaron unha pequena obra teatral "Rabo de demo".


Cantaron panxoliñas en galego e inglés, tocaron con varios instrumentos musicais "Cascabel" e "Noite de Paz".

Ángel deleitounos tocando o fagot.

Os nenos e nenas de segundo representaron "Unha postal de Nadal" e os de educación infantil "Giraluna".



Tamén cantamos e bailamos.
Como nos divertimos!!





Vede mais fotos na páxina web do centro.

viernes, 21 de diciembre de 2012

GUÍA DE LECTURAS

Aquí temos as nosas recomendacións de lecturas para o Nadal. Pedídelle algún libro destes ao Apalpador ou aos Reis. Felices festas para todos. Podedes consultar as "guías de lectura" doutras bibliotecas escolares de Galicia.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Os nenos e nenas recibiron a visita do Apalpador no colexio.
Contounos que vive no Caurel, que traballaba de carboeiro e que agora adícase a facer xoguetes de madeira para os nenos.
Invitounos a que lle escribísemos unha carta e él traeríanos regalos o día 24 pola noite.
Contounos un conto que ningún de nos coñecíamos e gustounos moito.
















Imos escribir a carta agora mesmo.
Gracias Apalpador.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Contacontos "Cenoria"

Uns futuros mestres estiveron no noso cole e contaron un conto "Cenoria" que nos deixou abraiados.



Estamos desexando que volvades.
Moitas grazas.

jueves, 6 de diciembre de 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12 do 12 do 12 celébrase o centenario do nacemento do gran escritor galego Celso Emilio Ferreiro.


Faremoslle unha homenaxe lendo  un dos seus poemas:
Deitado frente ao mar
Video do grupo Dios Ke te Crew