sábado, 29 de diciembre de 2012

Festival de Nadal

Xa chegan as vacacións. Celebrámolo cun festival moi divertido.
Os alumnos de sexto representaron unha pequena obra teatral "Rabo de demo".


Cantaron panxoliñas en galego e inglés, tocaron con varios instrumentos musicais "Cascabel" e "Noite de Paz".

Ángel deleitounos tocando o fagot.

Os nenos e nenas de segundo representaron "Unha postal de Nadal" e os de educación infantil "Giraluna".



Tamén cantamos e bailamos.
Como nos divertimos!!





Vede mais fotos na páxina web do centro.

viernes, 21 de diciembre de 2012

GUÍA DE LECTURAS

Aquí temos as nosas recomendacións de lecturas para o Nadal. Pedídelle algún libro destes ao Apalpador ou aos Reis. Felices festas para todos. Podedes consultar as "guías de lectura" doutras bibliotecas escolares de Galicia.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Os nenos e nenas recibiron a visita do Apalpador no colexio.
Contounos que vive no Caurel, que traballaba de carboeiro e que agora adícase a facer xoguetes de madeira para os nenos.
Invitounos a que lle escribísemos unha carta e él traeríanos regalos o día 24 pola noite.
Contounos un conto que ningún de nos coñecíamos e gustounos moito.
















Imos escribir a carta agora mesmo.
Gracias Apalpador.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Contacontos "Cenoria"

Uns futuros mestres estiveron no noso cole e contaron un conto "Cenoria" que nos deixou abraiados.



Estamos desexando que volvades.
Moitas grazas.

jueves, 6 de diciembre de 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12 do 12 do 12 celébrase o centenario do nacemento do gran escritor galego Celso Emilio Ferreiro.


Faremoslle unha homenaxe lendo  un dos seus poemas:
Deitado frente ao mar
Video do grupo Dios Ke te Crew

martes, 27 de noviembre de 2012

NADAL

Chega o tempo de Nadal. Estes días, para uns  é tempo de estar coa familia, para outros de vacacións, para outros, especialmente os rapaces e rapazas, é tempo de regalos. Na maioría das casas os traen os Reis Magos, pero nas lendas tradicionais hai outros personaxes que traían os regalos.
O Apalpador
Befana
Ded Moroz
Olentzero 
O Esteru
Joulupukki











lunes, 26 de noviembre de 2012

NON Á VIOLENCIA

Estes días imos reflexionar sobre o dereito, que temos todos, a que nos respeten como personas.Vos presentamos varios libros que nos poden axudar...







... e tamén podedes ver estas presentacións .

Rosa caramelo

Una feliz catástrofe

Vídeo

viernes, 23 de noviembre de 2012

ARIS

Bibliomistos está moi feliz.
Cando quedaba el só na biblioteca poñíase un pouco triste, pero agora ten unha amiga coa que comentar os libros que len.
Chámase Aris e está desexando conocervos.
Saúdos
Bibliomistos
 Aris

martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA UNIVERSAL DO NENO


O obxectivo do "Día Universal do neno" é recordar a todas as persoas que os nenos son as persoas mais fráxiles e que necesitan maior protección.
Os nenos e nenas deben ter dereito a unha educación, coidado e protección independentemente do lugar no que teñan nacido.
No ano 1977 Quino, o creador de Mafalda, creou unhas ilustracións nas que Mafalda reinvindica os dereitos do neno.

domingo, 11 de noviembre de 2012

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER



O venres e o sábado pasado, tiveron lugar en Santiago as  IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
O lema destas xornadas, LER PARA VER, recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación.

Todas as ponencias poidéronse ver en directo e pronto poderemos volver a velas no momento que o CAFI as suba.
Pódense ver as ponencias aquí 
Fotos das xornadas facilitadas por Cristina Novoa. Moitas grazas

miércoles, 7 de noviembre de 2012

DÍA MUNDIAL DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia  e da tecnoloxía en galego.
No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
 Este ano a celebración céntrase nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.




Recursos para celebrar a ciencia e a tecnoloxía en galego

VIOLETA MONREAL

Violeta Monreal, escritora e ilustradora visitou o noso centro. Esta é a segunda ocasión en que podemos gozar da súa presenza e xa estamos esperando á próxima.

Mostrounos o proceso de creación da súa obra.As súas ilustracións necesitan unha historia e as súas historias necesitan as ilustracións.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo disfrutaron da súa presenza, da súa obra e das súas palabras.
Rapidamente fixose coa atención de todos: nenos, nenas e mestres.

Elaborou dúas estupendas ilustracións e ao remate asinounos varios libros da biblioteca.

 

 




Esta xornada será inesquecible para todos nos.
Ata pronto Violeta.