jueves, 31 de enero de 2013

"DÍA DA PAZ ESCOLAR E A NON VIOLENCIA"

Hoxe celebramos o "Día da paz escolar e a non violencia".


 Este ano plantexámolo desde a perspectiva da resolución de conflitos.Traballamos moito e aquí podemos ver algunhas das actividades que fixemos.




































miércoles, 30 de enero de 2013

Historias de Saraievo

O mércores día 30 imos celebrar no colexio o "Día escolar da Paz e a Non Violencia"
Hoxe, na biblioteca, tivemos un obradoiro sobre a resolución de conflictos.


Primeiro estivemos vendo unha serie de fotografías do fotoxornalista Gervasio Sánchez durante a guerra de Saraievo.

Falamos do que significa a palabra PAZ e das dintistas maneiras nas que podemos  vivir a violencia: xestos, miradas, palabras...

Finalmente debatimos sobre as distintas maneiras que temos para resolver os conflictos.
Queremos ter, non un día, senon un "Ano de Paz"

miércoles, 23 de enero de 2013

FINA CASALDERREY ACADÉMICA DA RAG

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Fonte:  Redelectura   Bibliotecas Escolares de Galicia 

domingo, 20 de enero de 2013

A PAZ

O día 30 celebraremos o "Día da Paz e a Non Violencia" como homenaxe a Mahatma Gandhi. Neste día promoveremos: o Amor universal, a Non Violencia e a Paz.


 

  
Todo o noso alumnado vai participar e facer varias actividades

Recursos:
  Canción "O mundo é grande" Mama cabra.

Julia G. do CEIP Mestres Goldar de Vigo comparte con todos nós estas actividades LIM para conmemorar o "Día da Paz"

martes, 15 de enero de 2013

O UNIVERSO



Durante este curso todo o cole estamos traballando e  aprendendo moito sobre "O UNIVERSO".

Aquí temos un pps. moi interesante.