miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O xoves  30 de xaneiro celébrase o "Día escolar pola Paz e a non violencia", no 66 aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Este curso adicámolo a figura de Nelson Mandela e a igualdade das razas.
Organizamos varias actividades:
   Lecturas de libros: Negros e blancos, Dous monstruos, Elmer,...
   Elaboración dunha webquest sobre Nelson Mandela.
   Dialogamos sobre a súa obra e o seu pensamento a través das súas frases.
   Elaboramos un cómic coa biografía de Madiba.
   A ONG,  Equus Zebra, visitounos para explicarnos que é unha ONG e as funcións que teñen. O seu  traballo vai dirixido fundamentalmente, a axudar á inmigración na súa adaptación ao noso país.
 Fixéronnos reflexionar sobre as diferentes condicións que poden ter os nenos na súa vida familiar e social.
No coloquio falamos de axuda, tolerancia, non discriminación...


Foi moi interesante e instructivo.
Como colofón o xoves todo o alumando e profesorado do colexio cantaremos e bailaremos todos xuntos a canción "Free Nelson Mandela" 
Pronto poderedes ver as fotos


martes, 28 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN EN GALICIA

O día da ilustración destaca a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura. Celébrase o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.
O autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración é o coruñés, Miguelanxo Prado.

Nas bibliotecas de Galicia realizaranse diversas actividades para poñer en valor o traballo dos ilustradores galegos.
O próximo 7 de febreiro, Miguelanxo Prado falará no Museo de Belas Artes da ilustración.

sábado, 25 de enero de 2014

DÍA DO CONTO: CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR A NOITE DE REIS

"O tren de Martiño...CHU-CHU-CHU vai polo camiño..CHUCU-CHUCU-CHÚ..."
O pobre do Martiño....quería un tren como regalo de reis pero.... esa noite , mentres os reis estaban colocando os regalos no salón....entráronlle gañas de mexar!!
"Cando Martiño tivo gañas de mexar a noite de Reis" é o título deste clásico de Chema Heras, ilustrado por Kiko Da Silva, editado por Kalandraka.
Inés, Ana e Nerea, de 6º de primaria, prepararon un Powerpoint cas ilustracións do conto e lérono na biblioteca este venres.
Cada día vanse animando a vir máis nenos e nenas á biblio a escoitar un conto. Desta vez tivemos público de case todas as idades, 1º, 3º, 5º e 6º de primaria, e volveron repetir os nosos amigos da clase de Mafalda, 4 anos B.

miércoles, 22 de enero de 2014

O misterio das badaladas

O alumnado de terceiro ciclo estivemos lendo "O misterio das badaladas".
Un libro que nos tivo todo o tempo moi intrigados. A decir verdade, seguimos intrigados. Agora xa sabemos como se puideron tocar as trece badaladas mais non descubrimos aínda como  poden soar soamente once.
Xabier Docampo estivo connosco mais non nos dou moitas pistas.
Falounos do seu oficio de escribir, de que el escribe para lectores, escribe libros que tamén poidan ler os nenos.
Tamén nos fixo algunha recomendación para as persoas que nos gustaría escribir: ler moito, escribir, "escribe o conto que non está escrito e que vos gustaría ler"


Contounos un conto moi bonito con dúas personaxes Alba e a súa boneca.
Moitas grazas Xabier por compartir connosco unha mañá tan agradable e por escribir uns libros que non nos deixan parar de ler.

domingo, 19 de enero de 2014

DÍA DO CONTO: O PIRATA PATA DE LATA


Lucía Sesar de 5ºB elixiu un clásico de Kalandraka,"O pirata pata de lata", escrito por Oli e ilustrado por Ramón Trigo.

A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo na busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está pola labor de combatir.

Aproveitamos una presentación en Power Point das imaxes do conto para que maiores e pequenos disfrutaran ao grande deste singular pirata chamado pata de lata.
Viñeron moitísmos nenos e nenas de primaria e de infantil e aínda que encheron a biblioteca, xuntámonos todos moito, moito para facernos esta foto con Lucía.
Deixámosvos o power point para que o volvades a ver cantas veces queirades.

 PIRATA PATA DE LATA LUCÍA by aulainformaticaelena

domingo, 12 de enero de 2014

Os Reis Magos deixaron regalos no colexio

Cando chegamos ao colexio atopámonos cunha gran sorpresa.
Os Reis Magos deixáronnos moitos regalos!!!
Un gran montón de libros para as nosas bibliotecas de aula e a biblioteca de Bibliomistos.
href="http://www.kizoa.es/diapositivas/d7924503k9871951o2/os-regalos-dos-reis-magos"><b>Os regalos dos Reis Magos</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">presentacion imagenes</a></i></div>

sábado, 11 de enero de 2014

DIA DO CONTO: PACA, LA VACA GORDA Y LA VACA FLACA

O conto-teatro elixido para este venres, foi seleccionado por Marta e Lucía de 5ºB, do libro de Gloria Fuertes "Versos para jugar al teatro".
Este libro podedes atopalo na sección 81 (libros de poesía e teatro) ca etiqueta de cor vermella.
Prepararon uns pequenos títeres das vaquiñas e dramatizaron o conto coma unhas auténticas actrices de teatro.
Foron avisar polas clases para que todos aqueles que quixeran vir puideran facelo e....Doulles moi bo resultado!!! Viñeron os nenos e nenas da clase de Mafalda, e tamén de 1º, de 3º, de 5º e incluso de 6º.
Un éxito total!!
Deixámosvos unhas fotos do momento do contacontos.