lunes, 24 de febrero de 2014

DÍA DO CONTO: GARABATOS


Garabatos é a historia dun lapis que adícase a realizar garabatos en todas partes. Fuxe dunha goma que persígueo para borrar os seus garabatos. Esta, atónita ante o feito de que o lapis non sexa capaz de expresarse escribindo ou debuxando cousas bellas, decide visitar ao afila e expoñerlle o seu rexeitamento ao feito de que o lapis non faga un bo uso do seu poder.
Janira, Antía, Cynthia e Lucía, contáronnos este conto cuns pequenos títeres elaborados por elas mesmas.
E despois de moito traballar, ler e practicar chegou o día do estreno. E parece que pagou a pena.
Mírade como estaba a biblio de chea!!

sábado, 22 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, promoveu a realización dun vídeo "Todas con Rosalía". 


Un grupo de escritoras galegas uníronse para dar vida a Rosalía nun vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. 
Participan Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro..., editadas por Raquel Rei.

jueves, 20 de febrero de 2014

Obradoiro de Cómic

Abraham Carreiro fixo un Obradoiro de Cómic para o noso alumnado de terceiro ciclo. 
Ensinounos a debuxar, a darlle vida aos nosos personaxes...
Que fácil resulta cando o vemos a el debuxando!!!

 
Agora estamos moi animados para facelo nos.
Preparadeos, que pronto poderedes ver os nosos cómics.
Moitas grazas Abraham pola túa axuda.

sábado, 15 de febrero de 2014

DÍA DO CONTO: ESPECIAL SAN VALENTÍN. "ENAMORADOS"

Neste día tan especial, 14 de febreiro, celébrase San Valentín; e, como non podía ser doutro xeito, este venres adicámoslle unha lectura moi especial: "Enamorados", un libro de Rébecca Dautremer.

Que é estar enamorado? É como caerse da bici o é algo de mentira? É volverse un pouco tolo ou é estar malito? Hai que levar paraugas ou darse besos? É algo de chicas ou de anxos? Todo isto haberá que explicarllo a Ernesto (que quere a Salomé) aínda que non sabe demostrarllo.


lunes, 10 de febrero de 2014

VÍDEO DO CONTO "DOUS MONSTRUOS"

Xa temos a montaxe do video do conto dos Dous Monstruos rematado.
Volo deixamos aquí para que poidades disfrutar dun bo rato vendo a Viqui, Dina e a Noa.

CÓMIC SOBRE MANDELA 5º PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria, estiveron traballando coa WEBQUEST de NELSON MANDELA.

O resultado final do seu traballo consistía en realizar un cómic cooperativo entre todos os nenos e nenas da clase, escollendo imaxes reais e cartoonizándoas online. 

Para chegar a este cómic final tiveron que seguir unha serie de pasos:

1º Resolver a cuestión que se lles plantexaba, buscando información na internet.
2º Organizar dita información, corrixila, traducila ao galego e transformala no texto que aparece no bocadillo que ilustra a imaxe,
3º Elixir unha imaxe de Mandela que retratara o momento da súa vida que tiñan que traballar.
4º Cartoonizar a imaxe online, a través da páxina web www.kusocartoon.com
5º Montar todo o cómic coas imaxes cartoonizadas.

E aquí temos o nosos cómics. 
QUE OS DISFRUTEDES!!

DÍA DO CONTO: A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE

O autor Hans Traxler, cóntanos a aventura sorprendente dun homiño moi valente cun ritmo fascinante, que fai as delicias dos lectores, e resulta tan tolo e disparatado que nos fai rir continuamente.

Trátase dun libro que gusta moito aos nenos e nenas. Non só pola orixinalidade desbocada da historia senón tamén polas súas rimas, por veces sen sentido, que enchen o libro de ritmo e de musicalidade e facilitan a súa oralidade.

Ademais, as ilustracións tamén resultan moi simpáticas, provocándonos a risa coas súas tolerías e os seus absurdos que, con todo, dentro do libro semellan a cousa máis lóxica do mundo.

Marta e Lucía de 5º B fixeron as ledicias dos nenos e nenas que viñeron a escoitar este venres o conto na nosa biblioteca.

Aquí deixámosvos a proba dese momento tan especial e divertido que tivemos.


domingo, 2 de febrero de 2014

DÍA DO CONTO: DOUS MONSTRUOS

Co motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Internacional da Paz, cada 30 de Xaneiro. 
No colexio decidimos adicarlle esta data tan especial a outro gran loitador pola paz e pola defensa dos dereitos humáns e a igualdade, Nelson Mandela. Fixemos moitas actividades segundo os ciclos e como remate da semana tivemos un conto especial: "DOUS MONSTRUOS" de David McKee.
Dous monstruos viven nas caras opuestas dunha montaña, e non se poñen dacordo en se o día comeza ou a noite remata. Os monstruos  insúltanse e lánzanse rocas, ata que fan un descubrimento sorprendente... 
Noa, Dina e Vicki, mestras de Infantil, dramatizáronos este conto e fixéronos pasar un rato moi divertido. Ademáis ensináronos con el que, ás veces, as cousas hai que velas desde outro punto de vista diferente ao noso para entender aos outros e resolver os conflitos.