lunes, 24 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O vindeiro 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil en memoria de Hans Christian Andersen.
A escritora irlandesa Siobhán Parkinson foi a persoa elexida para escribir o texto conmemorativo, "Carta aos nenos do mundo" e o ilustrador Niamh Sharkey.
Durante este mes nós leeremos os seus contos, nas nosas aulas, na  nosa particular homenaxe.





domingo, 23 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA

Durante todo o mes de marzo, na "Hora de ler", estivemos lendo e recitando poesías para os nosos compañeiros. Limos poesías de Rosalía de Castro, Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Ana Mª Fernández...
Seleccionamos as que mais nos gustaron e, hoxe, as recitamos para os nosos compañeiros doutras clases de primaria.
http://www.kizoa.es/Video-Maker/d9274897k3698883o1/da-da-poesa


A biblioteca estaba chea e foi moi emocionante.

O próximo luns os afortunados serán os rapaces e repazas de Educación Infantil.

Seguide lendo poesía, aquí vos deixamos unha poesía de Celso Emilio Ferreiro

                            Que cada poema sexa
                            un acontecemento
                            algo que está pasando
                            lonxe ou perto
                            Unha canción
                            un suceso
                            un cartel
                            un berro
                            e tamén
                            porque non
                            un beixo...
 
http://www.kizoa.es/Video-Maker/d9365442k9535865o1/debuxos-poesa

lunes, 17 de marzo de 2014

DÍA DO CONTO: UN GATO NA ÁRBORE

POR FIN!!! Xa conseguimos encher a biblio de nenos e nenas que viñeran a escoitar un conto!!!.
Parece que o grupiño de nenas e nenos de 4º fixéronse moi ben a publicidade porque ......VIÑERON UN MONTÓN DE NENOS E NENAS DE TODOS OS CURSOS!!!
O conto elixido foi "Un gato na árbore"de Pablo Albo e Géraldine Alibeu, editado por OQO Editora.
Natalia, Martín, Iria, Tesi, Uxía, David e Alba, de 4º de primaria foron os artífices de dramatizar este libro que conta a historia de....
"Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…"
Mirade as fotos do momento.


jueves, 13 de marzo de 2014

La gran fiesta

Marta González, Lucía Iglesias, Xurxo Seoane, Lucía Sesar e Rubén Viejo, alumnos de 5º, escribiron unha obra de teatro titulada "La gran fiesta".
Hoxe, representárona na biblioteca durante a "Hora de ler" para os nenos e nenas de primeiro.Tiveron tanto éxito que estes días a representarán para os outros compañeiros.
http://www.kizoa.es/Video-Maker/d9126048k9008683o1/la-gran-fiesta

Noraboa por este traballo tan ben feito!!

domingo, 9 de marzo de 2014

Enterro da sardiña

O venres tivemos a última actividade do Entroido. Os rapaces e rapazas de Educación infantil fixeron unha gran sardiña. Quedoulles de marabilla!!

http://www.kizoa.es/diapositivas/d9031598k2934626o1/enterro-da-sardia 

O enterro foi moi emocionante. Catro rapazas de 6º recitaron as coplas momentos antes do enterro.

Xa se morreu a sardiña,
xa a levan a enterrar
entre catro polis birollos,
o cura e o sancristán.

Xa choran as boas xentes.
Ai..., mira, chorando están!
Dando berros doridos,
dando berros sen cesar
que se escoitan na rúa,
na praza e no bar.

Ai... que loito máis rigoroso!
Que pena máis colosal!
Desmaio... Dor... Angustia...

Xa a levan a enterrar,
entre catro polis birollos,
o cura e o sancristán.
A máis fermosa sardiña
feita para o carnaval.

Non imos chorar mais, este Entroido rematou mais xa nos estamos preparando para o próximo Entroido
¡¡¡Viva o Carnaval!!!

DÍA DO CONTO: A CEBRA CAMILA

"A Cebra Camila" foi o título do conto elixido por Marta (5ºB) e Natalia (4º) para este venres. Escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Óscar Villán está publicado pola Editorial Kalandraka.
"Alá no cabo do mundo, no país onde o vento dá a volta, vivía unha pequena cebra chamada Camila. Como naquel lugar o vento era tan revirado, Camila tiña que andar con moito coidado para non perder as súas vestiduras... "

Por fin animáronse a vir algunhas nenas da clase de 4º e parece que gustoulles a idea de contar contos porque xa temos dous venres pedidos por elas para contarnos un conto!!!
Deixámosvos as fotos do magnífico rato que pasamos este venres.

miércoles, 5 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014: OS NOSOS PERSONAXES DE CÓMIC

Este ano eliximos como tema para traballar ao longo de todo o curso o cómic. Por iso, neste Entroido, os disfraces das clases xiraban ao redor do personaxe que cada clase elixiu ao principio de curso.
Tivemos a Snoopy, Zipi e Zape, Bob Esponja, Tom e Jerry, Simpsons, Mortadelo e Filemón, Tom e a súa granxa, Tintín e os seus amigos, Marcopola, ... Un festival de disfraces!!!
Aquí deixamos unha mostra.

martes, 4 de marzo de 2014

Homenaxe a Rosalía de Castro

No aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, homenaxeamos a nosa maior poetisa. A muller que mais fixo pola normalización da nosa lingua.
Limos moitos dos seus poemas, comentámolos..., debuxámola e mantémola viva no noso corazón.

http://www.kizoa.es/diapositivas/d8951981k9084883o1/rosala-de-castro

lunes, 3 de marzo de 2014

DÍA DO CONTO: PERDIDOS

Os nenos e nenas de 5ºB inventaron un conto de intriga na clase de Lengua Española coa súa profe, Charo.
Marta, animouse a contalo na hora do conto deste venres e, Lucía Iglesias axudoulle no papel de "fotógrafa".
Aquí deixámosvos unha fotos do momento.