jueves, 26 de marzo de 2015

OLLOS DE AULA

Ollos de aula é unha revista para as familias do alumnado.
No último número Pilar Sampedro, mestra e desde fai varios anos  asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, escribiu un artigo que trata do papel da familia no hábito lector dos seus fillos e fillas.


Recomendamos a súa lectura pois é moi interesante.
Grazas Pilar, sempre é un placer oírte ou lerte.


Poetic@

Gústache ler poesía?
Fran Alonso, un escritor do cal nós temos varios libros na biblioteca, abriu unha páxina, de acceso libre e aberto, Poetic@ na que podemos ler, escoitar, comentar...


Esperamos que vos guste.


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015

O día 2 de abril celébrase, en todo o mundo, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL para commemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
Para esta celebración a escritora Marwa Obaid envíanos unha mensaxe e Nasim Abaieian debuxou un cartel moi bonito.

MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA


"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.

Lede despaciño, é interesante, verdade?
 cartel dia



Cocina a conCiencia

Asunción Fuente, astrofísica, profesora da Autónoma, publicou o libro "Cocina conCiencia" con licencia CC.
Este libro ofrece 9 receitas de cociña, cada unha delas cunha explicación dos procesos científicos que se producen nela.

Bo proveito

miércoles, 25 de marzo de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: REACCIÓNS QUÍMICAS


Continuando co tradicional MÉRCORES CIENTÍFICO, o último deste mes, tivemos a sorte de que viñera a nai de Pablo de 2º a facernos un volcán. 
Deixou o listón moi alto!!

















VIÑA MOI PREPARADA!!!







1º) BICARBONATO!!!!






SABEMOS QUE VAI PASAR?








2º) COLORANTE VERMELLO







 3º) REVOLVEMOS...
4º) VINAGRE







viernes, 20 de marzo de 2015

MATERIAIS DOS ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O prometido é deuda. Aquí tendes os materiais dos Encontros .
Preme na imaxe.


Os vídeos aínda non están dispoñibles.

jueves, 19 de marzo de 2015

SEMANA DA POESÍA

Co motivo do Día da poesía, 20 de marzo, decidimos facer un recital de poesía ao longo dunha semana enteira. Todos puidemos disfrutar da marabilla da poesía tanto antiga como actual, recitada, leída, inventada, cantada ou contada.
Proximamente remataremos de editar o vídeo coas actuacións de todos os cursos. Un pouquiño de paciencia, vale??
De momento vos deixamos aquí o programa de actuacións da semana:


miércoles, 18 de marzo de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: A MATERIA

Todos os mércores, na sala de usos múltiples temos experimentos feitos por rapaces, e desta vez foron os nenos e nenas de 6º A quenes prepararon os seus sobre A MATERIA.

Xa sabedes!!! Podedes vir cando queirades a velos aínda que tamén podedes preparar vós algún e mostrárnolo a todos.
A QUE ESPERADES????



ANDRÉS GACIO e LEVI de 6ºA, aproveitaron para explicarnos a FILTRACIÓN: como poden filtrarse dous líquidos  con mantequilla ou sen ela.







ALEJANDRA, SARA e PAULA de 6ºA, explicáronnos que era A MATERIA e as súas propiedades xerais e específicas, que lles pode pasar se sofren cambios de temperatura, tamaño....

lunes, 16 de marzo de 2015

Premio Francisco Fernández del Riego

Este ano o premio Francisco Fernández del Riego foi  para as Bibliotecas Escolares de Galicia polo seu impulso o fomento da lectura entre os mais pequenos.
Esta iniciativa foise consolidando ao longo de dez anos, en centos de centros de educación infantil, primaria e secundaria.
 En moitos centros de primaria e secundaria están a funcionar os CLUBS DE LECTURA.


Os coordinadores das bibliotecas xuntámonos nunha actividade de formación fundamental os "Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares" que se desenrolou en Santiago o pasado fin de semana.
Dentro duns días, subiremos os enlaces as ponencias e as conferencias dos especialistas destes Encontros.


viernes, 13 de marzo de 2015

DÍA DO CONTO: EL OSITO POLAR Y EL ARCO IRIS


 QUE MARABILLA EDURNE!!! Así da gusto ir a biblio a escoitar contos. 

  Edurne de 2º de primaria preparara este conto para irllo a contar aos nenos da clase do Rato Paco e tan ben o fixo que lle pedimos que nolo contara a todos na biblioteca.
 "El osito polar y el arco iris", la autora es Moira Butterfield y está publicado por Parragon Books Ltd 2007.

Es la historia de Blanquito, un pequeño oso polar que cree que ser de color blanco es aburrido y sueña con ser diferente. Para cumplir su sueño de ser diferente recorre muchos lugares, hasta que decide volver a su hogar. Esta entrañable historia cuenta cómo este osito descubre que es maravilloso parecerse a su familia, a los que más quiere.







jueves, 12 de marzo de 2015

Visitas á biblioteca municipal de Monte Alto

No cole limos o libro "Una sopa de piedra" de Anaïs  Vaugelade


Recibimos unha carta da Biblioteca municipal de Monte Alto na que nos invitaban a asistir a un xuizo para determinar se o  lobo era bó  ou malo.
Non foi nada fácil poñernos de acordo





















Vimos moitos libros, xogamos con pasatempos  e ...representamos a nosa obra de teatro.





Despedímonos de Marta e Chus prometendo que volveriamos moi  pronto.

miércoles, 11 de marzo de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: MESTURAS, CONDUTORES DE CALOR

Este mércores foron Hugo, Diego, Andrés Burgo e Dani Barreiro, de 6º de primaria, os nenos que quixeron propoñernos uns experimentos sobre a mestura dos líquidos e os condutores da calor.


 CAL DOS TRES CLIPS ENGANCHADOS NA MANTEQUILLA CAEU ANTES?


MADEIRA, METAL OU PLÁSTICO??

 Hugo probou a mesturar ACEITE, AUGA E PIMENTÓN....

QUE PASA CANDO MESTURAMOS ESTES INGREDIENTES??

domingo, 8 de marzo de 2015

DIA DO CONTO: NEGROS E BRANCOS




Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…



RUI, de 2º de primaria, elixiu o conto de NEGROS E BRANCOS, de DAVID McKEE, publicado pola Editorial XERAIS, para contarlles aos nenos este venres na biblioteca.










Tivo un éxito total!! Esperamos que máis nenos e nenas coma el anímense a vir a contarnos máis contos!!!

domingo, 1 de marzo de 2015

Axudantes da biblioteca

Queremos agradecerlle ao noso alumnado de 5º e 6º toda a súa axuda no período de renovación da nosa biblioteca. A súa colaboración foi fundamental. Para iso, fixemos unha pequena festa e cada un levou un marcapáxinas para as súas lecturas favoritas.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Durante esta semana estivemos homenaxeando a Rosalía de Castro.
Limos as súas poesías e aprendimos "Adiós ríos, adiós fontes".
O venres cantamos todos xuntos a versión, desta poesía, feita por Amancio Prada, mentres os rapaces e rapazas de 6º fixeron un grafitti.

Agora, cando entremos no colexio, veremos ese grafitti que nos recordará a nosa gran poetisa.