lunes, 22 de junio de 2015

Cóntame un conto

 As nosas familias de educación infantil, durante este mes,  contáronos unhas historias marabillosas.
Aquí tendes a entrada ao blog de E.Inf. onde poderedes ver eses momentos tan agradables.


Disfrutamos moito cos vosos contos. Esperámos as vosas historias no próximo curso.
Moitas grazas e feliz verán para todos.

jueves, 18 de junio de 2015

Despedida aos axudantes

Esta semana estamos a recoller a biblioteca, todos os rapaces e rapazas están a devolver os libros aos andeis onde descansarán ata  setembro.
Pero tedes que seguir lendo, a biblioteca de Monte Alto está esperando a vosa visita. Alí atoparedes moitisimos libros marabillosos. 

Onte fixemos a despedida aos axudantes.


Queremos agradeceros o traballo que fixestedes durante todo o ano. A biblioteca non funcionaría sen a vosa axuda.
Un agradecemento moi especial aos alumnos de sexto, colaboradores durante catro anos: Marta, Lucía Iglesias, Lucía Sesar, Janira, Alex, Rubén...
Desexamos que no voso instituto sigades colaborando coa biblioteca, coa animación a ler, coa lectura.
Unha aperta moi forte para todos vos.


1ª Mostra de contos e relatos de ciencia

O curso está rematando, e con el as actividades programadas durante todo o curso.
Estes días seguimos gozando cos contos que as nosas familias contanos durante a "Hora de ler".
O xoves entregamos os diplomas aos alumnos que participaron na "Mostra de contos e relatos de ciencia"





Antía, Daniel, Uxía e Martín parabéns polos vosos fantásticos traballos.
O próximo curso queremos mais.

miércoles, 17 de junio de 2015

Bellanini

Os rapaces e rapazas de 6º B, na clase de Atención educativa, leron o libro "Una bruja horriblemente guapa",  fixeron unha adaptación teatral e representárona  para os seus compañeiros de primaria.
Foi moi divertido e eles fixérono moi ben.
Desexamos que sigades traballando da mesma maneira na nova etapa que ides comezar moi pronto.
Parabéns



lunes, 8 de junio de 2015

DÍA DO CONTO: THE MIXED-UP CHAMELEON

Por fin!!!! Un conto en inglés!!!Conseguimos que Belén e Carmen, as mestras de inglés, fixeran "The mixed-up Chameleon" un conto de Eric Carle, aproveitando o seu traballo da aula, cun xogo de velcro.

A vida do camaleón era bastante aburrida. Ata que un día foi ao zoo. Víu animais tan distintos, grandes, elegantes e divertidos que quería ser como cada un deles e como todos ao mesmo tempo. E ata quería ser como as persoas!!! Fíxose un lío tan monumental que ao final decidíu ser unha soa cosa.










lunes, 1 de junio de 2015

As familias na nosa biblioteca

Esta tarde, as nosas familias tiveron unha charla moi interesante sobre "Os perigos de Internet e as novas tecnoloxías".


Recomendáronos  moitos consellos de seguridade para evitar todos os perigos que poden atopar os nosos rapaces e rapazas nas redes sociais.