domingo, 29 de noviembre de 2015

DÍA DO CONTO: HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?


¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguera, da Editorial Thule 

Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba harta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... 
Carlota non quería besar sapos para ver se eran príncipes azuis. 
Carlota sempre  preguntábase por qué non había princesas que rescataran aos príncipes azuis das garras do lobo, ou que cazaran dragóns ou volaran en globo.

Fantástico conto para falar e traballar a coeducación e a igualdade cos nenos e nenas.





MATERIAIS DAS VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Xa están dispoñibles os materiais das Xornadas de Bibliotecas


Votade unha ollada, hai cousas moi interesantes.

Adeus a Neira Vilas

Todos os galegos e galegas estamos de loito.
O autor de "Memorias dun neno galego"morreu onte.


Aprendimos a amar a literatura en galego co seu Balbino 
Moitas grazas

viernes, 27 de noviembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

A proposta da semana pasada era moi fácil. Verdade que é un lugar moi bonito?
Se queredes coñecela moito mellor podedes visitar a súa  Casa Museo Emilia Pardo Bazán.


Según van chegando imos expoñendo as fotos das vosas visitas.
Esta semana a proposta é dun lugar moito mais aireado,  pensamos que todos vos o coñecedes.


Animadevos a visitalo.

lunes, 23 de noviembre de 2015

DÍA DO CONTO: EU NON FUN

E logo, quen foi?? Todo comezou cunha araña que .......Y de pronto, ¡catapum! A granxeira sofre un inesperado percance, pero... nin a vaca, nin o burro, nin o porco, nin o can, nin o gato, nin o pitiño, nin tampouco o mosquito, asumen a autoría de lo sucedido. Entonces, a responsabili-dade do desastre...De quén é?

Queredes saber o que pasou coa araña, a vaca, o can, o porco, .... pois animádevos a ler este conto divertido e sorprendente que contaron Aitana, Lucía , Carla, Carmela, Marta, María, Sara e Joel (4º), este venres 20 na biblioteca do colexio.















domingo, 22 de noviembre de 2015

0S CAMIÑOS ESQUENCIDOS

A comunidade educativa do IES Díaz Castro de Guitiriz recibiu o primeiro premio, na categoría de ensino non universitario, na VI edición do OUFF Escola coa súa curtametraxe.




"Os camiños esquencidos" está baseada na vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas Xosé Díaz Castro





A biblioteca deste centro acaba de recibir outro premio polo seu traballo o

 “PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 


Parabéns!!!




viernes, 20 de noviembre de 2015

VI XORNADAS de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O venres e o sábado,19 e 20, celébranse en Santiago as  VI XORNADAS de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Estas xornadas son unha actividade de formación permanente para o profesorado que dinamiza as actividades das bibliotecas escolares de Galicia.


A próxima semana incluiremos o enlace aos archivos.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Bibliomistos está encantado. Agradécevos moito todas as fotografías que lle fixésteslle chegar. Para que as podades ver, están expostas no vestíbulo do colexio.

 

 Hoxe facemos unha nova proposta:

 Sabedes onde está esta estatua? Quen é?

Facédevos unha foto e contestar as preguntas. E si vos animades investigade sobre a súa vida e o traballo tan importante que fixo en varios campos.




Entregade as fotos nas titorías.

lunes, 16 de noviembre de 2015

DIA DO CONTO: CAPITÁN CALABROTE



CAPITÁN CALABROTE, da Editorial Kalandraka, foi o título elexido por MARÍA, RUTH y AITANA, de 5º de primaria, para o día do conto deste venres.

Hai piratas aos que as circunstancias lles fan difuminar o seu pasado terrible para covertirse en seres amables e de nobles sentimintos. Piratas nostálxicos como Calabrote protagonizan esta entrañable historia, obra de ALBERTO SEBASTIÁN.


O Capitán Calabrote vivía tranquilamente, retirado nunha illa deserta onde tiña enterrado o seu tesoro. Un día apareceu un visitante inesperado: outro vello e temible pirata escollera o mesmo territorio para esconder o seu cofre... 



Deixámosvos aquí o conto pra que o poidades ver con tranquilidade;

jueves, 12 de noviembre de 2015

Talleres Cocina con clan

Hoxe realizamos un taller moi interesante. Participaron todo o alumnado de 1º, 2º e 3º. Comezamos cuns vídeos e clases teóricas na biblioteca.
Logo baixamos á cociña e preparamos un menú moi rico e saudable.





Estaba boísimo, a que sí?
Nuns días poderedes ver todas as fotos.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Reto Selfie na Coruña e imaxes antigas do barrio

Estimadas familias, 
O ano pasado tiñamos como proxecto de traballo "A ciencia", lembrades? Por iso, non queriamos deixar de informarvos de que os museos da cidade: Domus, Casa das Ciencias, Acuario e Muncyt, durante esta semana, dun xeito gratuíto, celebran o Mes da Ciencia en Galego e organizan diversas actividades para todalas idades. Aproveitade!
Este curso o noso proxecto chámase "Bibliomistos pola Coruña". Imos descubri a cidade e, coma sempre, para algunhas das actividades que imos facer necesitamos a vosa colaboración. Queredes axudarnos?
Os mércores, no vestíbulo do colexio, vai aparecer unha foto dun recuncho, un edificio, unha praza...dalgún punto da cidade.
Propoñemos a seguinte actividade:
- Sacarse unha foto (selfie) nese lugar. Quen? A vosa familia e/ou amizades (1,2,3...?)
- Unha vez que a teñades impresa, podedes entregala á súa titora e despois pegarémola no mural que faremos con todos eses puntos recoñecidos da cidade.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

RECOÑECEDES O ESPAZO DESTA SEMANA????



Lembramos tamén que temos outro proxecto paralelo para facer unha exposición de fotografías antigas do barrio.


lunes, 9 de noviembre de 2015

RECEITAS DO SAMAÍN

Bibliomistos está encantado. Chegaron taaaantas receitas con comidas arrepiantes!!




Para que todos e todas poidades lelas, ímolas expoñer no corredor do lado da biblioteca.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

  

jueves, 5 de noviembre de 2015

Hoxe celebramos o Magosto, festa tradicional galega. Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume do fogar nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas.


Nos puidemos celebralo coa axuda da ANPA do noso colexio. Moitas grazas pola vosa colaboración.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe, día 4 de novembro celébrase o VI Día da Ciencia en Galego.


...e durante o mes de novembro vaise celebrar o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".
Promovido polas bibliotecas, vanse realizar diferentes actividades para que os nosos alumnados coñezan e valoren a importancia que ten a ciencia nas nosas vidas.

Aquí podedes ler o Manifesto  de Jorge Mira, científico e divulgador da Universidade de Santiago de Compostela.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ofrécenos unha páxina de Recursos para a Ciencia en Galego moi interesante.

SAMAÍN

Estamos en tempo de Samaín. 
Nos ímolo celebrar coa lectura de "Contos de medo".
Na entrada do vestíbulo temos unha exposición con algúns dos libros que podedes atopar na nosa biblioteca.


O xoves, Belén coa colaboración dos nenos e nenas de primeiro contáronnos un conto  en inglés "The Little  Old Lady who was not afraid of any thing"

Ela non tiña medo de nada e vós?