domingo, 27 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Queremos mostrarvos o gran mural que preside o vestíbulo do centro.
 Na exploración que estamos a facer para coñecer mellor a nosa cidade, interésanos coñecer o noso barrio.




Vemos a Torre, o colexio, o depósito de auga, a casa dos peixes...







domingo, 20 de diciembre de 2015

"A figueira de Pelostortos"

Na "Hora de ler" fixemos unha lectura que nos divertiu moito e decidimos interpretar a historia para os nos@s compañeir@s.
Repartimos os papeis e fixemos dous grupos, cada un representaría a mesma historia.
    O martes representamos para a rapazada de primeiro e segundo, e o venres para terceiro, cuarto, quinto e sexto.

Esperamos que vos gustase moito.

Xelis de toro "O trompetista e a lúa"

O xoves recibimos a visita de Xelis de Toro. Xelis estivo a falar co alumnado de terceiro e cuarto do seu libro "O trompetista e a lúa"



 Contounos como prepara os libros, en que se inspira, tocou a trompeta, adicounos os nosos libros e xa estamos desexando comezar a ler o próximo libro.


Pero antes imos contar o que fixemos.
Limos o libro e nel descubrimos varias cousas. O mais importante é que se queremos facer musica , temos que escoitar primeiro o son do noso corazón.
Viaxamos con Evaristo, o protagonista, ao longo da terra e visitamos lugares moi interesantes.



Aprendimos a composición dunha banda de música e descubrimos novos instrumentos.






Dúas rapazas  de terceiro interpretaron  unha peza musical, Irene ao comezo e Xiana ao final, para agasallar a Xelis



Premede no libro para ver mais imáxenes.


Xelis, estamos esperando a túa próxima visita.
Moitas grazas

lunes, 14 de diciembre de 2015

GUÍA DE LECTURAS

Todos e todas estamos redactando as nosas cartas para os Reis Magos. 
Os libros son os nosos mellores amigos.
Queremos compartir con vós, a guía de recomendacións para este Nadal.

domingo, 13 de diciembre de 2015

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIO

Ao longo deste primeiro trimestre, os nenos e nenas de 2ºB baixaron á biblio todos os venres para aprender a utilizar a nosa biblio. Aprenderon a diferenciar entre os libros de literatura e os libros de consulta, donde poden atopar información sobre as cousas que lles interesan, como se busca nos libros...Un montón de cousas!!!

viernes, 11 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

Moitas grazas por todas as fotos que fixéstedes na "Serea de San Amaro", obra da escultora María Jesús Urgoiti


Esta semana mostramos o último lugar deste ano 2015. É un lugar moi interesante para visitar nestas vacacións.


A volta das navidades seguiremos descubrindo recunchos da nosa cidade e o noso barrio.
Felices Festas.

lunes, 7 de diciembre de 2015

DÍA DO CONTO: TÍO LOBO


Para pechar o mes de novembro, o mes do medoNoa, a mestra de 4 anos da clase dos Nadaríns, contounos TÍO LOBO, un conto adapatado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos. 

Conta a historia de Carmela, unha nena moi golosa que quería comer unhas chulas....e como a súa nai non tiña a sartén mandoulle ir á casa do Tío Lobo....






viernes, 4 de diciembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

A casa dos peixes era moi fácil de atopar.

Todos e todas xa a coñeciamos. A ver si tamén coñecedes a nosa nova proposta.

 

Sabedes onde está?

Quen é o seu autor?

Esperamos as vosas respostas e fotografías.

Animádevos