viernes, 18 de marzo de 2016

VI RECITAL DE POESÍA

Esta semana puxemos o broche final o mes da poesía, cun recital poético. Cada clase preparou as súas poesías e recitounas no festival. Os de 6º crearon dous poemas adicados a nosa cidade "Mar do Orzán" e "Praia de San Amaro", os de 3º recitaron os centóns inspirados nas poesías de Rosalía de Castro e tamén escoitamos poemas de Manuel María, Antonio Machado, Concha Blanco,Celso Emilio Ferreiro... Foron unhas xornadas poéticas moi, moi emocionantes.


Manuel María tamén foi o autor das poesías que recitaron os nosos alumnos pola megafonía nos saúdos e despedidas de toda a semana.

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Este reto pode ser un pouco mais difícil, xa que habitualmente só podemos velo por fora. Pero se os arrededores son moi bonitos, por dentro é unha marabilla.
Tedes todas as vacacións para ir visitalo e pasear por toda a zona.

sábado, 12 de marzo de 2016

Os cans guías

Onte tivemos unha actividade que creou gran expectación.
 Xa sabedes que o alumnado de primeiro está traballando nun proxecto de "Animais"e hoxe visitáronnos Julio, Carmen, Manuel e o seu can guía Heroi.
Vimos un vídeo no que nos explicaron como os educan, foi moi moi interesante.



Carmen ensinounos como se move co seu bastón pola cidade e as dificultades que vai atopando. Logo tapounos os ollos e intentamos movernos co bastón. 

Que difícil!!!

Podedes velo aquí

Carmen, Julio, Manuel e sobretodo Heroi moitas grazas pola vosa paciencia na visita.



jueves, 10 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

Manuel María segue a ser o autor homenaxeado nos saúdos e despedidas poéticas.

O saúdo desta mañá foi co poema "O Sol" recitado por Luca e Sabela

 


Adriana e Noa recitaron "O meu burriño"


miércoles, 9 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

Esta mañá foi toda unha sorpresa!
No fío musical da escola á hora da entrada e da saída, puidemos escoitar a gravación colectiva que fixeron as Nadarinas e Nadaríns (aula de 4 anos B) sobre o poema de Manuel María, O arco da vella (Os soños na gaiola, 1985)
Participou todo o grupo no recitado e Álvaro e Carlos axudaron a poñer o audio no equipo de son.








martes, 8 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

O primeiro día foi unha sorpresa, hoxe xa estabamos todos esperando, e valeu a pena.



Ao comezo das clases, Rut e Diego recitaron a poesía de Manuel María "A Natureza"



A saída, foron Lucía e Samuel os que nos deleitaron co poema "Galicia" de Manuel María.

HOMENAXE AS MULLERES TRABALLADORAS

A homenaxe da TORRE DE HÉRCULES as mulleres traballadoras


Precioso vídeo homenaxe a todas as mulleres traballadoras


 Deixámosvos outro video de Luar na Lubre "Centeas"homenaxe a todas as mulleres do mundo.


No cole tamén homenaxeamos as mulleres traballadoras, o alumnado de Educación Infantil fixouse en María Pita.

O día da muller traballadora debería ser todo o ano.



lunes, 7 de marzo de 2016

O MES DA POESÍA

 Comezamos o mes da poesía co recitado de poesías a través da megafonía do centro.


No saúdo da mañá, Uxía recitou o poema de Manuel María "O carro". 



 A saída Alba recitounos "Agua donde vas" de Federico García Lorca.

Que boa forma de comezar e despedir o día.

 

domingo, 6 de marzo de 2016

DÍA DO CONTO: VOY A COMEDTE

Que risas pasamos!! Un lobo cun pelo na lingua, un coelliño branco que lle quere "axudar", outro vermello que lle "ensina a asustar", e de repente....un oso xiganteeeee!!!

Un lobo malo, hambriento e que fala dunha forma rarísima espera no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que atopouse cun par de coelliños listos que lle quitan un pelo que tén na lingua e, sobre todo… ¡As gañas de comer carne!

Ésta é a trama do conto que tivemos este venres 4 na biblioteca, "Voy a comedte", escrito por Jean-Marc Derouen e ilustrado por Laure Du Faÿ, publicado pola Editorial Kókinos






CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE, A CORUÑA. BIBLIOMISTOS. on PhotoPeach

miércoles, 2 de marzo de 2016

DÍA DO CONTO: LADRÓN DE GALLINAS



Que ben o pasamos o venres con Paula, Xan, Miguel, Mario e Brais!! Fixeron un conto multimedia!! 

Xunto co seu mestre, Silver, consiguiron facer un vídeo coas súas voces e as ilustracións orixinais do conto "Ladrón de gallinas". 

O curioso é que este conto non tén texto, polo que aínda ten máis orixinalidade.




Está ilustrado por Béatrice Rodríguez, e publicado pola Editorial Libros del Zorro Rojo.
Un álbum sin palabras. Un final inesperado...Una historia para «leer» antes de saber leer.



Moitas grazas por innovar, entretenernos e mostrarnos outra posibilidade máis nesto da animación á lectura.

Aquí vos queda a montaxe de vídeo que fixeron. 
NORABOA!!!