domingo, 26 de junio de 2016
jueves, 23 de junio de 2016
FESTIVAL FIN DE CURSO
Todo chega ao seu fin, e este curso rematou. Podemos ir contentos pois foi un curso cheo de actividades e non hai mellor remate que con un festival.
Cantamos, representamos obras, recitamos e bailamos. Pasámolo xenial.
Agora a disfrutar do verán. Aproveitar para ler un bo libro.
viernes, 17 de junio de 2016
El retablo de las maravillas
Fixéstelo moi ben!!
Cando comezamos a ensaiar a obra, "El retablo de las maravillas", aos rapaces e rapazas pareceulles que nunca aprenderían eses textos longos e nun castelán "case" antigo, pero conseguírono con excelencia e a obra saíulles moi ben.
Na presentación da obra, Lucía falounos do autor, da súa vida e obra mesturadas con algunhas anécdotas.
A obra rematou cunha moralexa: "Así se acaba este retablo donde se aprende a no ser tan crédulos y a procurar no ser hipócritas. Esperamos que os haya gustado y ya sabéis, procurad decir siempre la verdad para no veros en una situación parecida"
Parabens, rapaces! Sodes uns grandes artistas.
jueves, 16 de junio de 2016
CARRERA CONTRA A FAME
RECAUDAMOS 6.050€!!!!
NORABOA!!!!
Xa fixemos as nosas contas e quedamos abraiados co que conseguimos entre todos e entre todas... Non vos parece???
Imaxinade todos os kits de alimentación, de potabilización de auga, vacinas, etc... que imos conseguir!!!
Unha gran victoria!!!
Un gran pequeno paso na loita contra a fame!!!
Un gran pequeno paso na loita contra a fame!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS
POLO VOSO ESFORZO E PARTICIPACIÓN
NESTA PROPOSTA SOLIDARIA!!!
O ANO QUE VÉN A POLOS 7.000€!!!!
CONTOS EN FAMILIA: XUÑO
E xa vai rematando o curso e tamén esta actividade que tanto gusta a maiores e pequenos....Pero a o ano que vén contamos convosco, non si?
Aquí deixámosvos as últimas fotos dos últimos encontros deste mes.
Grazas a todos e a todas por vir e facer disfrutar coa lectura a estes peques que, algún día, lembraránse destas visitas que facían os seus pais, nais, avos, avoas...Grazas.
XUÑO 2016 on PhotoPeach
CONTOS EN FAMILIA CHIBOS CHIBÓNS on PhotoPeach
Aquí deixámosvos as últimas fotos dos últimos encontros deste mes.
Grazas a todos e a todas por vir e facer disfrutar coa lectura a estes peques que, algún día, lembraránse destas visitas que facían os seus pais, nais, avos, avoas...Grazas.
XUÑO 2016 on PhotoPeach
domingo, 12 de junio de 2016
O CAMBIO CLIMÁTICO
O día 7 de xuño visitamos A Casa da Auga onde nos falaron do medio ambiente, as causas da contaminación e as súas consecuencias.
Foi moi divertido facer as actividades cos monitores, examinamos máis a fondo os problemas e propuxemos as nosas propias solucións.
Unha das cousas que máis nos gustou é que estivemos traballando enriba dun enorme plano de “A Coruña” onde puidemos ver todos os recunchos da nosa cidade.
Rodamos un spot publicitario.
martes, 7 de junio de 2016
XURXO SOUTO NO VÍCTOR
Estamos rematando o curso pero non paramos coas nosas actividades.
Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio.
Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.
Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.
Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.
Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa...
Sumouse a o noso Fotocall
Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"
miércoles, 1 de junio de 2016
DOMUS
O xoves 26 de maio visitamos a DOMUS.
A Domus está situada no noso barrio e xa o coñeciamos, pero a visita foi moi interesante.
Adentrámonos, a través dunha viaxe en tres dimensións,no mundo dos "Pequenos xigantes".
Tamén poidemos experimentar e ver a interesante exposición.
Museo de Belas Artes
Seguimos percorrendo e coñecendo a nosa cidade.
Os nenos e nenas de terceiro foron coñecer o Museo de Belas Artes.
Alí puideron observar diferentes obras de arte, dende retratos coma o do Rei Carlos I de Inglaterra, escenas da vida cotiá co cadro das Lavandeiras de Carlos Maside, ata unha exposición de antiguidades na que puidemos contemplar diferentes tipos de moedas e utensilios de escritura.
Participamos nun taller de pintura moi interesante.
Pasámolo xenial
Alí puideron observar diferentes obras de arte, dende retratos coma o do Rei Carlos I de Inglaterra, escenas da vida cotiá co cadro das Lavandeiras de Carlos Maside, ata unha exposición de antiguidades na que puidemos contemplar diferentes tipos de moedas e utensilios de escritura.
Participamos nun taller de pintura moi interesante.
Pasámolo xenial