domingo, 30 de octubre de 2016

VII Día da Ciencia en Galego

O día 4 de novembro celébrase o VII Día da Ciencia en Galego.
Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor dos chícharos, o mais sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis.


En Galicia homenéxase a Cruz Gallástegui o introductor da xenética en Galicia e en España.


sábado, 29 de octubre de 2016

MAR DE MARES

Todos nos bañamos nas nosas praias, en San Amaro, nas Lapas, no Orzán, en Riazor...pero só coñeciamos as orillas. 

Queriamos coñecer as profundidades,as súas plantas e os animais que viven alí. No Acuario viaxamos,virtualmente, nun submarino ás profundidades do mar Mediterráneo, vimos as semellanzas entre as montañas e as profundidades mariñas, a vida das medusas, e sobretodo os seres vivos das profundidades do Antártico: corales vermellos, negros, krils, planctón, ofiuras, esponxas...



Mar de mares - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Se queredes saber mais visitade www.elmarafondo.com

Qué experiencia tan interesante!

viernes, 28 de octubre de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

Ola!
Xa estamos aquí de novo. Temos por diante,  un novo curso cheo de actividades que estamos a preparar o equipo de biblioteca.
Bibliomistos gozou tanto coñecendo Coruña, que agora quere coñecer toda Galicia. Nós imos axudarlle e pouco a pouco iremos ensinándolle todo o que  investiguemos.
Queremos contar coa vosa axuda.
Esta semana celebramos o "Día das bibliotecas" coa actividade que mais lles gusta á nosa rapazada o APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os maiores do cole escolleron un libro, prepararon a lectura, recolleron aos seus afillados e nun lugar do patio, escollidos por eles, gozaron coa lectura e as imaxes do seu libro.


Isto só é o principio, seguiremos gozando coas nosas  lecturas.