lunes, 30 de enero de 2017

ENCONTRO CON JAVIER BAULUZ E PATRICIA SIMÓN

O pasado venres, tivemos a sorte de ter unha visita moi especial: o fotoperiodista Javier Bauluz, e a periodista Patricia Simón. Tanto o un como outro enfocan o seu traballo cara a loitar polos Dereitos Humáns. Proba de iso é o seu periódico dixital "Periodismo Humano".
                                                                                                  Compartiron coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria os seus traballos sobre as persoas migrantes e refuxiadas; a súa perspectiva de que son persoas, non cousas nin números, senón persoas que necesitan a nosa axuda igual que nós si estiveramos fuxindo do noso país por motivos de raza, relixión, xénero, orientación sexual, opinións políticas, etc.
Explicáronos o importante que é loitar contra a xenofobia que cada día está crecendo máis e máis. E dixéronos cal é a mellor mediciña.....A EMPATÍA!!! poñerse no lugar dos outros e percibir o seu sentir.

E, xa pola tarde, foi o tempo dos maiores. E describiron as súas experiencias na nosa fronteira sur, Melilla, e o camiño a pé que fixo Javier coas persoas desprazadas en situacións límite, desde Lesbos ata Alemaña; e explicaron as políticas e prácticas dos medios de comunicación internacionais en torno a esta crise humana. A súa intervención deu lugar a un animado coloquio posterior, no que houbo un sentir común: "poñámonos a traballar para que a xenofobia non avance"
Gracias Patricia. Gracias Javier. Lembrarémosvos sempre.

Aquí deixámosvos un vídeo resumo de toda a xornada que compartimos con eles. 

domingo, 29 de enero de 2017

LECTURAS PARA A PAZ

No vestíbulo do cole podedes atopar as nosas recomendacións lectoras para estes tempos de Paz.




Mais aquí deixámosvos  unha selección das poesías da gran poetisa Gloria Fuertes



miércoles, 25 de enero de 2017

MIGRACIÓN Y REFUGIO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2017



Este ano queremos enfocar o Día Escolar da Paz e da non Violencia cara ao que está a pasar no mundo co respecto ás persoas que fuxen dos seus países por moitos motivos como a guerra, a súa raza, relixión, opinións políticas distintas, pertencer a un grupo social determinado, por razón de xénero ou pola súa orientación sexual.

As persoas que fuxen do seu país de orixe por calquera destes motivos o único que quere é poder "vivir", por iso piden refuxio; e, por iso queren exercer o seu dereito de asilo (Artículo 14 Declaración dos Deritos Humáns). Que podemos facer nós?

Nesta semana traballarase nas clases esta temática con contos, libros, cortos de animación, documentales, traballos de investigación....

Aquí deixámosvos  un pequeno GLOSARIO co que comezamos este tema para aclarar dúbidas e conceptos.


E contaremos o venres coa visita de dúas persoas moi relacionados co tema dos Dereitos Humáns:

A periodista Patricia Simón, galardonada co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación 2013, ponente en seminarios, cursos e congresos sobre periodismo, dereitos humáns, enfoque de xénero, trata de persoas e explotación sexual. 


O fotoperiodista Javier BauluzPremio Pulitzer de Fotografía 1995 polo seu traballo en
Ruanda, Premio Periodismo e Dereitos Humáns 2008, Premio Dereitos Humáns do Consello Xeral da Abogacía 2016, entre otros.


Pola mañá, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º van ter a sorte de poder compartir un encontro persoal con eles onde van contarlles  as súas experiencias persoais cos nenos e nenas refuxiadas e as súas familias. 

E xa pola tarde, ás 18:30, o resto da comunidade escolar e achegados, estades invitados a vir ao Encontro persoal, que darán conxuntamente, apoiándose no último traballo de Bauluz "Buscando refuxio para os meus fillos", onde narra o camiño percorrido a pe desde a súa chegada a Grecia ata Alemaña.

(O acto vai ser na Sala de Usos Múltiples, ata encher o aforo)

domingo, 22 de enero de 2017

CONTOS SEN FIN

Na clase de Libre configuración, a rapazada de 4º están a facer os seus primeiros traballos co ordenador. Investigamos, buscamos e elaboramos estes "Contos sen fin"

CANCIÓNS DE PAZ

Roupa Nova, un grupo brasileiro, interpreta a canción  "A Paz"que é a tradución da canción "Heal the World" de Michael Jackson 



"Eu teño alguén" de María Fumaça 


 "Sadako & las Mil Grullas de Papel" é un pequeno vídeo que nos conta a historia de Sadako, unha rapaza xaponesa que...


Queredes aprender a facer grullas de papel? Premede aquí

OS BOLECHAS

Hoxe achegámosvos un vídeo de Os Bolechas, promovido e patrocinado porSogama, que ten por obxecto o principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) para que contribuamos e cooperemos na preservación dos limitados recursos naturais.


miércoles, 18 de enero de 2017

A FUXIDA

Hoxe recomendamos un libro: "A fuxida",  Berta Dávila é a súa autora.


Berta Dávila escribe unha fermosa historia protagonizada por Nadia, unha nena que, sempre atopamos abrazada ao seu osiño, e que non acaba de entender o motivo que impulsa a súa familia á fuxida. No cerne están os sentimentos e motivos para a inmigración por causas de conflictos; moi vixentes na actualidade para donde miremos. Acompañan dunha forma moi significativa e poderosa os cadros de Inma Doval, cheos de cores vivas, constitúen un perfecto contrapunto para ilustrar unha historia que reflicte un mundo tristemente dominado polo corazón das tebras, pero no que a xente non se rinde e loita por procurar a felicidade e a ledicia de vivir.


CANTARELA DOS NENOS

Xosé Neira Vilas, o inesquecible autor de "Memorias dun neno labrego", escribiu un poema titulado "Cantarela dos nenos" que foi musicado por Manuel R. Crespo, no que nos fala da amizade e a paz.



Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá. 
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistad.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.






martes, 17 de enero de 2017

Mes da Paz

O día 30 deste mes, en todos os centros escolares, celebramos o "Día da Paz e a Non Violencia" Durante todo o mes imos facer diversas actividades das que veredes, pouco a pouco, o seu resultado. Hoxe imos mostrarvos o vídeo que prepararon uns alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do colexio San Roque.