miércoles, 28 de febrero de 2018

Contacontos en inglés e en galego


Hoxe o alumnado de 3 anos A tivo a sorte de escoitar un contacontos dobre, da man da avoa e da tía de Lucas.
 A súa tía, Leti, contounos un conto en inglés sobre dous peixiños, con elementos da praia (pedras, cunchas, caracolas,...) e animais (polbo, estrela de mar,...) e mesmo algún animal da xungla ou da sabana que quería colarse neste conto do fondo mariño. Despois ensinounos unha canción cos animais mariños. E aquí as imaxes.

A cotinuación, Merce, engaiolounos co conto "Os petos de Loreto" e un maravilloso mandilón cheo de petos recheos de cousas. Que sorpresa!


                                            

Moitísimas grazas pola vosa visita!

martes, 27 de febrero de 2018

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe o alumnado de 6º curso visitou a Biblioteca Municipal de Montealto para coñecer un pouco máis do seu funcionamento a través dunha búsqueda de información por equipos. Que maiores son xa estes nen@s!

Contacontos A sopa queima

O alumnado de 3 anos subiu a biblioteca o venres pasado para poder gozar da representación do conto "A sopa queima". Unha bonita actividade preparada por alumnado de 6º curso.



Contacontos intercursos

Alumnas de 6º prepararon esta obra de teatro do conto "La vaca que se subió a un árbol" para o alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria. Todo un éxito! Parabéns rapazas!