jueves, 20 de diciembre de 2018
sábado, 15 de diciembre de 2018
martes, 11 de diciembre de 2018
BOAS FESTAS!
E este Nadal non nos podemos esquecer do mellor regalo... UN LIBRO! A biblioteca do Víctor López Seoane quere deixarvos as nosas recomendación para este tempo en familia.
Boas festas de parte de todo o Equipo!
miércoles, 28 de noviembre de 2018
Último reto do PROXECO CANADÁ
En nada teremos a Litlle Grizzly de volta no cole despois de case dous meses de aventuras en Canadá. Pero aínda precisa da vosa axuda para dar a solución ao último reto. Podedes deixar a vosa resposta no buzón da entrada. E lembrade ir a buscar o voso cuño para o pasaporte.
Aquelas que consigan todos os cuños terán unha SORPRESA ao final dos retos! Ánimo e sorte!
Aquelas que consigan todos os cuños terán unha SORPRESA ao final dos retos! Ánimo e sorte!
viernes, 23 de noviembre de 2018
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
]Que mellor xeito de achegarse a este tema tan importante, que a través das lecturas! Deixámovos as nosas recomendacións:
O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
MAGOSTO NO VÍCTOR
Mes da ciencia
Coñecemos científic@s e realizamos experimentos nas aulas. A nosa temática de lectura é sobre a ciencia este mes. Se aínda non te decataches, podes vir a coller o teu libro á mesa do hall e levalo prestado pasando pola biblio!
Déixovos as fotos dalgúns dos experimentos que se realizaron nas aulas estos días e nos que tamén participaron as familias.
Animádemos, a experimentar!
miércoles, 14 de noviembre de 2018
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
Chegou Novembro e con el o mes da CIENCIA. Durante esta semana o acceso aos MUSEOS da cidade é gratuito. Unha boa oportunidade para facerlles unha visita! Se picades no científico podedes acceder a programación
Tamén se suman a esta celebración as BIBLIOTECAS MUNICIPAIS. Picando na seguinte imaxe podedes acceder ás diversas actividades que se ofertan.
- As mulleres na ciencia: Mostra bibliográfica con motivo da celebración
do Día Internacional da Muller e
a Nena na Ciencia.
- O xogo de Nano: Contacontos para coñecer as partes do
corpo ao ritmo da musica, con Raquel
Queizás.
Para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
- A maxia da ciencia. Ciencia Show: Maxia e ciencia para amosar o lado divertido
do coñecemento, con José Antonio
Godoy.
- Planetario ciencia kids-fulldome
space
Proxección, con deformación xeodésica
dentro dunha estrutura de domo para
mergullarse nun mundo de ficción.
Para nenos e nenas de máis de 3 anos.
- Contos en lingua de signos
Por membros da Federación de persoas
xordas de Galicia (FAXPG).
- Rato canguro
Contacontos pola igualdade, con Trinke
trinke.
Para nenos e nenas de máis de 3 anos.
Para celebrar este mes como se merece invitámosvos a visitar esta selección de libros sobre experimentos, científicos, ciencia, ... onde seguro atopades algún libro que xa coñecedes e quizais outros que estades a puntiño de descubrir! Picade na imaxe para acceder.
"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler". Luís Navarro