miércoles, 27 de febrero de 2019

Xoves de Entroido: Mandadiños do Meco.


XOVES: PODES VESTIRTE CO QUE ATOPES NO FONDO DOS ARMARIOS.
MELLOR CANTO MENOS COMBINADO…
XA QUE SE TRATA DE VIR DE CHOQUEIRO E FEITO UN CADRO!!!
Imagen relacionada Imagen relacionada

martes, 26 de febrero de 2019

Mércores de Entroido: Mandadiños do Meco.


MÉRCORES: TEÑEN SONA DE OCIOSOS E PREGUICEIROS,
DE GUSTARLLES MOITO A CAMA
HOXE TOCA VIR EN PIXAMA.
AGORA TÓCACHE A TI SER O ARTISTA.



lunes, 25 de febrero de 2019

Martes de Entroido: Mandadiños do Meco.



MARTES: COMO ARTISTA ATORMENTADO...
HOXE TOCA VIR MAL PEITEADO.
(OU CON PERRUCA)



Merendas saudables

Hoxe, luns, 25 de febreiro, tivemos unha charla para mellorar as merendas de nosos peques.  Silvia Castro, farmacéutica e  nutricionista, nai duns alumnos do cole, axudounos a coñecer as pistas para poder disfrutar da comida, e en especial as merendas, dunha maneira moito máis saudáble.



Día da poesía 21 de marzo

Este ano imos a celebrar o día da poesía cun APADRIÑAMENTO POÉTICO por todo o cole. Por iso o noso alumnado está a preparar poesías (coñecidas e de invención propia) e practicando o recitado das mesmas.

Polas aulas de infantil viaxan estas dúas mascotas: POE e SÍA con unha chea de libros en verso.



viernes, 22 de febrero de 2019

Luns de Entroido: mandadiños do MECO

Xa chega o Entroido!!
Este ano Grizzly será o noso meco, que irá dánd as consignas ao longo da seman para informarnos de que xeito temos que vir ataviados cada día. Este ano vai de artistas.

LUNS: COMEZAMOS POR UN SURREALISTA. 
PODERÍAS PINTARTE TI
UN BIGOTE COMA O DE DALÍ.





martes, 19 de febrero de 2019

Poesías en familia en 4 anos

O vampiro Edelmiro chegou ao cole da man da mamá de Jorge, Ruth. Conto rimado dun vampiro que ou aprende a comer ou vai apañado. Seguimos disfrutando cos contos en verso. Grazas por compartir con nos o voso tempo.


Kahoot! en Infantil

O alumnado de infantil tamén quixo estrear as tablets da biblio. Hoxe o alumnado de 5 anos veu a demostrar todo o que aprendera sobre Canadá completando un Kahoot en equipos. Que ven xogan estes nen@s cooperativamente!




Maletas viaxeiras Proxecto Canadá

Grizzly xa está de volta nas aulas de Infantil e con el a súa bolsa e maleta que viaxa de casa en casa para coñecer a todas as familias.
Dentro da bolsa vai Grizzly e un libro sobre Canadá, descrito letra a letra.

Na maleta van as solucións a todos os retos realizados polas familias e nen@s, un libro sobre Canadá contado a través dos números, fotos de animais, deportes, unha bandeira e un rexistro para anotar o que máis vos gustou.


Agardamos que o desfrutedes!

Proxecto Canadá nas aulas de Primaria

Durante estes meses continuamos traballando no noso proxecto anual nas aulas de primaria e estes días comprobamos o aprendido coa axuda das tablets e un xogo moi divertido: O Quizizz!













Estes nen@s creo que xa están preparados para o English day!











Elaboración de Pancakes

O martes e mércores toca de taller de cociña. O alumnado de 4 anos elaborou a receta típica canadense de Pancakes, que despois degustaron con froitas e o famoso maple syrup. Delicious!
Hoxe tocoulle a metade da clase estar ao mando dos fogóns, mañá será a outra metade! Preparad@s?










 Podedes seguir practicando na casa!