viernes, 20 de diciembre de 2019

III Xuntanza de Nadal

Un ano máis espectacular! Parabéns a tod@s os artistas e moitíiisimas grazas ás familias por participar!


jueves, 19 de diciembre de 2019

Felicitación do noso cole

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane desexavos unhas felices festas!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

CHRISTMAS JUMPER DAY

 Este ano o English Team lanzou unha orixinal actividade para o Nadal. O "Christmas Jumper Day”, unha tradición británica, de non hai moito tempo, que cada vez está máis extendida noutros países.
Falámosvos do “
Os británicos e británicas vístense cun xersei de lá que destaca pola súa multitude de detalles chamativos, rechamangueiros e por suposto de nadal. Todos xuntos celebran esta data competindo polo xersei máis orixinal e divertido.

A proposta foi todo un éxito grazas a gran acollida das familias e os xerseis do máis orixinais. Moitas grazas por participar e involucrarvos nas propostas! Os alumnos e alumnas encheron o cole de  xerseis decorados con adobíos de nadal cada cal máis creativo.

Este venres 20 de decembro, coincidindo coa Xuntanza coas familias, vestiremos cadanseu xersei.

Gañadora concurso relatos de Nadal

Xa temos gañadora do concurso de relatos de Nadal! Parabéns Vera Díaz! O seu relato xunto co debuxo gañador dos elaborados polo alumnado de infantil formarán a felicitación de Nadal do noso centro para este 2020! Grazas a tod@s os participantes!
O venres na Xuntanza de Nadal será a entrega de premios.

martes, 10 de diciembre de 2019

Teatro de xoves


Grazas ao English team por agasallarnos con esta divertida obra de teatro que nos deixou a todas encantadas! 




jueves, 5 de diciembre de 2019

Horas de ler compartidas

Nerea e Lucía de 4º B cos pequenos e pequenas de 4 anos contándolles “O cociñeiro Martiño”



miércoles, 4 de diciembre de 2019

Ciencia nas portas

Así quedou o noso cole despois de converter cada unha das portas das clases nunha páxina dun libro sobre as mulleres galegas. Cada aula estivo a estudar sobre unha muller científica Galega 👩🏻‍🔬 e con esa información decoraron a súa porta de aula. Da un paseo polo cole e coñece máis sobre a nosa cultura.














 

martes, 3 de diciembre de 2019

Día Internacional das persoas con discapacidade

Lecturas para cambiar a forma de ver as discapacidades e sacar o positivo dos demais.