martes, 31 de marzo de 2020

Conto coronavirus

Para hoxe un Corona conto con papiroflexia incluída, sacado da web de https://aulasgalegas.org
onde tedes esta e outras moitas ideas para estes días na casa.

Quen se anima a facelo? Podedes cambiarlle o nome a cidade e poñerlle Coruña! Se alguén se anima a gravarse coa súa creación podedes enviarnos o vídeo para compartilo con tod@s!

E despois que vos parece se bailamos un pouco,

lunes, 30 de marzo de 2020

Poesía na casa: Mario Díaz e Iván Mosquera

Mario Díaz recítanos a Federico García Lorca.

 Iván Mosquera sorpréndenos con esta poesía vestido de pirata. 

viernes, 27 de marzo de 2020

Día mundial do Teatro

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o día Mundial do Teatro. 
Se queredes aproveitar estes días para representar unha obra na casa, deixámosvos páxinas con ideas para facer títeres, teatrillos,...pulsando nas imaxes.





Animámosvos tamén a visitar o Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura onde podedes ver obras de todos os xéneroshttp://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

jueves, 26 de marzo de 2020

Recursos para quedar na casa

RECURSOS EDUCATIVOS NA CRTVG: http://www.crtvg.es/infantil/programas
A G2 ofrece un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, mentres os centros escolares permanecen pechados. Cos programas:
- “Aquelando tamén quedamos na casa”, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.
- “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, 
- Programa “Criaturas”, achegalle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras


CONTOS: https://www.youtube.com/channel/UC0Z9g6_XYs6kF9IQBe_HZNA



POESIA: https://orellapendella.gal/


TEATRO: http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

miércoles, 25 de marzo de 2020

TODO VAI SAIR BEN

Queridas familias!

Dende o equipo do noso cole queremos mandarvos dúas mensaxes ben claras:
- PASE O QUE PASE aquí estaremos, todo sairá ben e pronto estaremos de volta no noso centro disfrutando todos xuntos.
- EU QUEDO NA CASA. É moi sinxelo e moi complicado á vez. Temos que ser exemplo de cidadania, de sociedade solidaria e comprometida cos nosos. quedar na casa é a nosa obriga.

Moitos ánimos e moitas apertas a todos. FORZA!!

martes, 24 de marzo de 2020

POESÍA NA CASA


PROPOÑÉMOSVOS UN RETO: #POESÍA NA CASA
1. Busca un poema (en calquera lingua).
2. Apréndeo para recitalo. Podes usar algún disfrace, monicreque, escenario...
3. Pide que te graven cun móvil, tablet ou ordenador.
4. Mándao ao blog da biblioteca: bibliomistos@gmail.com antes de 3 de abril
5. Cos poemas recibidos faremos un vídeo que publicaremos no blog.
                             ANIMÁDEVOS!

domingo, 22 de marzo de 2020

Propostas para estes días

EDUCLAN: https://www.rtve.es/educlan/

Unha iniciativa que ofrece recursos educativos de calidade que pretende facilitar a aprendizaxe  durante o periodo de suspensión das clases presencias. Os contidos dividense nas principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Linguas, Matemáticas e Educación Artística e Física.




OQO: Filmes en galego
 https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ





KALANDRAKAhttp://www.kalandraka.tv/gl/index.php
Podedes consultar os apartados de: videos musicais, contos contados e cantar e contar.
Libros electrónicos das bibliotecas escolares para descarga. So precisades poñer o voso número de socio ou solicitar o rexistro.  
OS BOLECHAS: https://osbolechas.gal/canal-tv.php
Con xogos online e canle tv

AULAS GALEGAShttp://aulasgalegas.org/
Recursos educativos para todas as idades en galego.

sábado, 21 de marzo de 2020

21 de Marzo: Día mundial da Poesía

Un pouco de poesía para este día e un concurso para o noso alumnado e as súas familias!                                             
                                              Colección do berce á lúa de Kalandraka
Versos como una casa, de Mar Benegas

Rata linda de Compostela, Bernardino Graña

Rosalía pequeniña


PROPOÑÉMOSVOS UN RETO: #POESÍA NA CASA
1. Busca un poema (en calquera lingua).
2. Apréndeo para recitalo. Podes usar algún disfrace, monicreque, escenario...
3. Pide que te graven cun móvil, tablet ou ordenador.
4. Mándao ao blog da biblioteca: bibliomistos@gmail.com antes de 3 de abril
5. Cos poemas recibidos faremos un vídeo que publicaremos no blog.
                             ANIMÁDEVOS!

jueves, 12 de marzo de 2020

miércoles, 11 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA: 9 AO 13 DE MARZO

Esta semana dedicámoslla ao texto informativo: a noticia e a prensa. Nas aulas traballaremos con xornais e ademais temos preparado un concurso de Novas.


BASES CONCURSO DE NOVAS SEMANA DA PRESA 


- Escribe una noticia en galego sobre algo real acontecido durante este curso escolar. 
- A túa noticia debe responder ás 6 preguntas clave (que, quen, como, cando, onde, e por que, ).
- Ter as partes dunha noticia: titular, foto ou debuxo e corpo da noticia. 
- Revisa faltas de ortografía e puntuación.
- Coida a presentación (boa letra, sen tachóns e papel limpo). 

A data de entrega será do 9 ao 23 de marzo. 

As NOTICIAS elexidas serán publicadas no blog da biblioteca e lidas, polos seus autores/as, a través da radio escolar.
MOITA SORTE A TOD@S OS REPORTEIR@S!

Así conmemoramos o día da muller

Cada clase explicou o investigado sobre a súa científica aos visitantes. Recorremos as clases e portas do cole aprendendo sobre as mulleres investigadas e recopilando os cromos e a información para completar o noso albume. Estas son só algunhas das fotos da actividade!





















Alba Aguión

Informámosvos de que o vindeiro venres estará Alba Aguión no club do mar. Unha das mulleres investigadas polo alumnado de 3º A  

Día da muller

Achégase o 8 de marzo, día da muller, e dende o centro xa estamos preparando as actividades para conmemorar o día.
O alumnado de infantil e primaria recibiu esta semana un albume de cromos das Mulleres científicas galegas 👩🏻‍🔬 que deberá completar cos cromos das científicas estudadas nas diferentes clases e que recobren as portas do cole. 
 Mañá o alumnado de 5º espera poder poñerse en contacto coa súa favorita, Elena Vázquez, a través dunha videoconferencia. Aínda sorpresa para os rapaces/zas. Moitas grazas Elena por colaborar con nós!

As lecturas que recomenda a biblio para estas semanas son as seguintes, se queres podes levar calquera destes libros tamén a casa. 


O luns faremos uns grupos de expertos que irán polas aulas recollendo información sobre as mulleres traballadas nos outros cursos. Esta información poñerse en común ao voltar as aulas. 

Animámosvos a participar desta conmemoración, se coñecedes mulleres da nosa comunidade adicadas ao mundo da ciencia, poñédevos en contacto con nos, estaremos encantados de coñecelas. 

lunes, 2 de marzo de 2020

PREMIOS ANDERSEN

 Os  Premio Hans Christian Andersen son considerados como o Nobel da literatura infantil.

Estos Premios otorganse cada dous anos dende 1956, na modalidade de escritores e dende 1966, na de ilustradores. É o máis alto recoñecemento internacional outorgado a un escritor/a e a un ilustrador/a vivo/a por toda a súa traxectoria. 
Para a edición de 2020 presentaronse 34 escritores/as e 26 ilustradores/as nominados por 39 países. A selección de candidatos realizana as distintas seccións nacionais e un xurado internacional é o encargado da elección final. 
A OEPLI, como sección española presentou as nominacións de:
 - Jordi Sierra y Fabra (escritor)




 - Elena Odriozola (ilustradora)





PODEDES APROVEITAR PARA LER ALGÚN DOS SEUS LIBROS.
Para os que quedarades con ganas de saber máis sobre estos premios deixamosvos a lista dos finalistas:
Escritores finalistas:
  • María Cristina Ramos (Argentina)
  • Bart Moeyaert (Bélgica)
  • Marie-Aude Murail (Francia)
  • Farhad Hassanzadeh (Irán) 
  • Peter Svetina (Eslovenia)
  • Jacqueline Woodson (Estados Unidos)
Ilustradores finalistas:
  • Isabelle Arsenault (Canadá)
  • Seizo Tashima (Japón), 
  • Sylvia Weve  (Países Bajos)
  • Iwona Chmielewska (Polonia)
  • Elena Odriozola (España) 
  • Albertine (Suiza)
Os gañadores serán coñecidos o 4 de maio.