martes, 22 de diciembre de 2020

BOAS FESTAS!

 A comunidade educativa do CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE deséxabos unhas FELICES FESTAS a través de este vídeo elaborado con todo o cariño por parte de alumnado, familias e profesorado. Vai dividida en dous vídeos dado o seu tamaño.




sábado, 19 de diciembre de 2020

viernes, 27 de noviembre de 2020

ADVENTO DE CONTOS

Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos. 

jueves, 26 de noviembre de 2020

Advento de contos

E pouco a pouco achegámonos ao tempo de Nadal. Aquí tedes o noso particular calendario de advento no que estamos a traballar dende as aulas e que tamén poderedes ver dende a casa. Detrás de cada un dos días de decembro atoparedes un fermoso agasallo, que comezaremos a abrir a partir de decembro.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día de conmemoración e reflexión. Deixámosvos recomendacións de contos para traballalo tamén dende as casas.






lunes, 16 de noviembre de 2020

Novidades

 Comezan a chegar ás novas incorporacións a Biblio do cole. Estamos desexando coñecer as historias que teñen dentro. Coñecedelos?




viernes, 30 de octubre de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres comezan a viaxar as MOCHILAS VIAXEIRAS polos fogares dos nenos e nenas de infantil para achegar os contos aos máis pequenos e que poidades gozar dun tempo en familia ao redor da lectura. 

Escollede os libros que máis vos gusten, non tedes porque leelos todos. Ademais dentro da mochila atoparedes un conto en inglés e un libro musical con cd.

Acompañando a mochila vai un caderno viaxeiro no que podedes anotar, debuxar, escribir, comentar ...en definitiva deixar a vosa pegada, para compartir co resto da aula.

Agardamos que os libros vos deixen bonitos momentos en 







 

sábado, 24 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares

 Este ano a nosa biblioteca está reubicada nas diferentes aulas, por iso este día das bibliotecas escolares o celebramos dende cada unha delas creando, decorando e poñendo normas de uso en común. Amosámosvos algunhas das bibliotecas do noso alumnado. 

martes, 13 de octubre de 2020

Novidades do curso 2020/2021

O equipo de biblioteca do Víctor López Seoane davos a benvida a este novo curso tan especial. Como novidade a nosa biblioteca de centro non vai a poder ser empregada como tal, xa que se precisou do seu espazo para reconvertila nunha aula. Pero non vos preocupedes porque poderedes seguir empregando os seus recursos a través das BIBLIOTECAS DE AULA.

Cada curso será dotado con libros para crear unha biblioteca de aula.

SERVIZO DE PRÉSTAMO

 A maiores habilitaremos un servizo de préstamo a través do blog da biblioteca. Tedes na marxe dereira un formulario para facer a solicitude. Cubrides os vosos datos e o título que vos gustaría levar prestado para a casa. Para iso podedes consultar o catálogo da nosa biblioteca, tamén no icono da marxe dereita.

Unha vez recibida a vosa petición, un membro do equipo de biblio levaríavos o libro á vosa aula. 

Ao cabo de 15 días teredes que facer a devolución do mesmo, deixándoo na caixa que está na porta da biblio do cole e que pon "Material en cuarentena"


 Calquera dúbida ou suxestión podedes enviarnos un correo ao noso enderezo bibliomistos@gmail.com

jueves, 10 de septiembre de 2020

Comezamos!


Benvida a tod@s! Comezamos un novo curso con moita alegría e ilusión. Esperámosvos!

viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial dos Océanos

O English team deixavos actividades para celebrar o 5 de xuño, Día Mundial dos Océanos.


No blog podedes atopar as manualidades feitas polo alumnado.
http://epeakenglish.blogspot.com/2020/06/world-oceans-day-projects.html

martes, 2 de junio de 2020

Recomendacións lectoras

Hoxe traémosvos unha recopilación das 15 obras en galego máis lidas nos últimos anos nas bibliotecas escolares. Non están todas pero todos os que están son referentes de lectura.
Fáltache algunha por coñecer? Podes aproveitar para botarlle un ollo e completar a túa biblioteca.
 
Neste enlace podes ver os libros máis lidos en cada biblioteca galega pulsando no puntiño, tamén está o noso cole.

ÁBRESE O PANO 1

Xa están aquí as vosas representacións de escenas de contos en galego! Preparados para xogar a adiviñar de que conto se trata? Non vale facer trampas! Parade o vídeo e intentade adiviñar antes de que apareza a resposta. 


Quedáchedes con ganas de máis? Non vos preocupedes! Haberá unha segunda parte!
 Moitas grazas a tod@s por participar!

viernes, 15 de mayo de 2020

Os bolechas e Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.


Os Bolechas. Carvalho Calero.

Semana das letras galegas: venres

ESCAPE ROOM!
Os estudos, celebracións e recoñecementos para o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020 están agora mesmo cubertos cun manto escuro chamado COVID19.
A poboación confinada, os actos adiados, as escolas pechadas... cantos impedimentos para un homenaxeado que leva décadas proposto para a honra do Día das Letras e para o que, por fin, chegara o momento. Érguense voces pedindo un 2021 tamén para Carvalho Calero, semella que a situación actual non é axeitada para lle facer xustiza a este ilustre persoeiro para o que, por fin, chegara a hora do recoñecemento.
Mentres a situación se aclara sabemos da vosa heroicidade, vós podedes rescatar as Letra Galegas, anímaste á aventura?

https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20 Para 5º e 6º de Primaria.

(Autoría: Patricia Sánchez Lamas www.afiestradamestra.gal.)

jueves, 14 de mayo de 2020

Semana das letras galegas: xoves

Xogamos coas nosas letras? Deixámosvos este xogo de pistas e retos! Superaredes as probas?
(Para infantil e primeros cursos de primaria)

miércoles, 13 de mayo de 2020

I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020

I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020

Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020.
  • I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020
Os pais, nais ou titores legais de nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos poderán presentar, fotografada ou escaneada, unha obra realizada polo menor en que este reflicta o valor da lingua e literatura galegas.
Haberá dúas categorías:
  • Infantil (3 a 6 anos)
  • Primaria (7 a 12 anos)
O gañador ou gañadora de cada categoría recibirá unha xornada en familia no parque Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.

IX Certame de Retatos Breves de Feiraco

IX Certame de Relatos Breves Feiraco

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco Lácteos S.L., con motivo das Letras Galegas 2020, convocan unha nova edición do Certame de relatos breves Feiraco.
  • IX Certame de Relatos Breves Feiraco
Os relatos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras "Á sombra daquel carballo centenario...", coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Ricardo Carvalho Calero.
O prazo para presentarse estará aberto entre o 7 e o 31 de maio de 2020.

Semana das letras galegas: mércores

Canto sabes sobre o homenaxeado nas letras galegas? Demostrao a través destes xogos en liña! Elixe o teu curso e pon a proba os teus coñecementos!

martes, 12 de mayo de 2020

Semana das letras galegas: martes

Queredes ter un marcapáxinas ou unha chapa de Carvalho Calero? Entra no enlace é descargao picando na imaxe.

lunes, 11 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

Empezamos a semana das letras galegas, comezan os retos e as propostas....
Hoxe deixámosvos o conto de As pitas baixo a choiva do escritor homenaxeadoeste ano, Ricardo Carvalho Calero. Queredes saber que pasa con elas? Pica na imaxe.

E ti? Xa tes a túa bandeira? #Eu falo galego

miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO 2: ÁBRESE O PANO!

Ricardo Carvalho Calero é o escritor homenaxeado no día das letras galegas de este ano. O teatro foi unha das súas grandes paixóns. Foi espectador, escritor e tamén director de obras teatrais. O amor polas artes escénicas acompañouno toda a vida.
Nos propoñémosvos un RETO: ÁBRESE O PANO! Pensade nun conto, libro...en galego. Carazterizádevos como os seus persoaxes e preparade un dos escenario. Gravadevos en vídeo ou sacade unha foto representando unha das escenas. Mándao ao noso correo:  bibliomistos@gmail.com 

O prazo vai ata o16 de maio. O 17 publicaranse no blog da biblioteca os vosos vídeos ou fotos.
O 17 de maio ides poder ver a vosa foto/vídeo e a dos demais compañeiros/as e xogar a adiviñar de que conto se trata!
Por exemplo, Ábrese o pano e aparece unha familia carazterizada do lobo e os porquiños. Péchase o pano, que conto é?

Que teñades un bo día!      
 Exemplos

RETO 1: EU FALO GALEGO

Todos os anos no noso centro celebramos o Reto Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.
Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.

Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego!  E ti? Animádevos a participar!



martes, 5 de mayo de 2020

Letras galegas 2020

A Real Academia Galega dedica este ano o día das letras galegas ao ferrolán RICARDO CARVALHO CALERO. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor e dedicou a súa vida a disnificar o idioma e a cultura galega.
Queredes coñecer máis sobre el?



lunes, 4 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero


Que sabes sobre o autor homenaxeado nas letras galegas?

jueves, 23 de abril de 2020

Marcapáxinas

Deixámosvos os mellores amigos dos libros, os marcapáxinas, por se queredes aproveitar para descargar e colorear algún deles.

DÍA DO LIBRO

Chegou o día...a resposta a este reto:
La ratita presumida 
El príncipe rana
Lobo y los 7 cabritillos
Libro de la selva
Aladino y la lampara maravillosa
El gato con botas
Peterpan
Cenicienta
3 cerditos
Bella y bestia
Gansel y gretel
Mago de oz
Barba azul
El jorobado de norte dame
Liebre y tortuga
La princesa y el guisante
La cigarra y la hormiga
Los 6 cisnes
La abeja maya
Alicia en el país de las maravillas
El principito
Ricitos de oro y los 3 ositos
Las habichuelas mágicas
La gallinita roja
La gallina de los huevos de oro
La balanza de plata
El rey sabio
Pulgarcito
Garbancito
Las 3 princesas negras
La bella durmiente
El mago merlin
Heidi


Blancanieves


Grazas a tod@s por participar! Damos os parabéns a Mariña Brea Pérez (1º B) e ao seu irmán Uxío por ser os que máis se achegaron a resposta!

RETOS DÍA DO LIBRO 2020



Grazas a todas as familias por participar, sen vos non sería posible! FELIZ DÍA DO LIBRO!

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ler fainos únicos. Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós. 

Manuel Gago



miércoles, 22 de abril de 2020

Feliz día da Terra

Bos días! Hoxe 22 de abril celébrase o Día da Terra. É unha gran oportunidade para promover a reciclaxe, o coidado de animais e plantas e do entorno en xeral; aforrar enerxía; ou coidar a agua e non contaminala.

Deixámosvos propostas de actividades, xogos e contos para conmemorar este día:

ACTIVIDADES:
1. Crear un ambientador ecolóxico.
2. Fabricar papel reciclado
3. Investigar sobre animais en perigo de extinción.
4. Colocar diferentes papeleiras para reciclar na casa.
























CONTOS:




XOGOS: Na páxina https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/educa-en-eco/recursos-educativos-de-reciclaje tedes unha morea de xogos sobre a reciclaxe para todas as idades.