viernes, 14 de mayo de 2021

ROSCO LETRAS GALEGAS

Por fin chegou o día de poñer a proba os nosos coñecementos xogando aos pasapalabra que elaboru o equipo de EDLG do cole. Aquí deixamos unhas fotos da actividade, recordade que podedes volver a xogar dende a casa e mesmo retar a vosa familia. Feliz día das nosas letras!

PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 1º e 2º

Xa podedes xogar co pasapalabra das letras galegas. Elexide o voso ciclo e a xogar! Lembra coller lapis e papel para anotar as respostas.

lunes, 10 de mayo de 2021

Xela Arias

 Durante esta semana coñeceremos a autora homenaxeda nas LETRAS GALEGAS. Se queredes saber un pouquiño máis podedes facelo a través destes xogos dos EDLG. 


domingo, 9 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS: RETO DO GALEGO

 Comezamos a semana que imos dedicar á celebración das nosas letras. Durante esta semana o alumnado levará a cabo o reto do galego, consistente en intentar empregar o galego nas nosas conversas diarias. Para recordarnos este compromiso, elaboramos unhas chapas que levaremos postas durante as dúas semanas que dure o reto, do 10 ao 23 de maio.

O deseño da chapa foi elaborado polo noso alumnado, de entre todas as propostas, xa temos a elexida. Parabéns Nuria! 


Novidades

 Seguimos completando a nosa biblioteca con novos exemplares. 


lunes, 3 de mayo de 2021

Actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”

 O grupo empresarial Vegalsa-Eroski organizou  e patrocinou no centro  a actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”, dirixida a escolares de Educación Primaria. 

O obxectivo foi espertar e reforzar a sensibilidade polo medio das nenas e nenos de Primaria e constou de 3 partes.

1º Un  concurso de relatos no que participaron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria co tema: "Unha árbore, unha historia", e versou  en torno ao valor da natureza nas nosas vidas, coas árbores como grandes protagonistas. 

2º Un taller de escritura e natureza co obxectivo de introducir ao alumnado no territorio da escritura creativa e darlles ferramentas e motivación para enfrontarse á construción dos seus relatos. Foi  impartido polo escritor e divulgador do ámbito da natureza, Antonio Sandoval Rey, autor, precisamente, do éxito editorial A árbore da escola (Kalandraka, 2016). 

3º Plantación e irmandamento  de árbores no patio do colexio. 

Aquí vos deixamos os relatos dos gañadores. E un vídeo do día no que plantaron as árbores