jueves, 16 de mayo de 2024

miércoles, 15 de mayo de 2024

Letras galegas: sementando palabras

 Este ano quixemos vencellar a celebración do día das Letras galegas co noso PDI A horta, festexando cun concerto especial o día 16 de maio da man de Brais das hortas para toda a rapazada.

Enmearcada nesta temática propuxose ao alumnado dos diferentes cursos do cole pensar naquelas palabras da nosa lingua que están quedando en desuso. 

Igual que hai que cultivar a terra para ter unha boa colleita, tamén temos que coidar da nosa fala. Por iso, de xeito simbòlico cada un dos cursos elixiu una palabra para “plantar “ e coidar. As sementes elexidas para a actividade son as de miosotis, coñecida comunmente como nonmeesquezas. E aquí podedes ver o resultado. 


martes, 14 de mayo de 2024

Visita Eva Mejuto

 O alumnado de 4º de primaria compartiu con Eva Mejuto un tempo da mañá en torno ao seu libro Neko, elixido para a súa lectura neste curso. 






Visita Érica Esmorís

 Hoxe o alumnado de 3º de primaria recibiu a visita de Érica Esmorís, autora do libro Patio de luces, sobre o que estiveron traballando este curso. 




lunes, 13 de mayo de 2024

Carnés biblioteca

Os carnés do alumnado teñen novo espazo, aquí podedes deixalos para empregar cada vez que queirades levar un libro en préstamo.


viernes, 10 de mayo de 2024

Herbario de Rosalía

 Polo día de Rosalía de Castro participamos nun reto colectivo de recolectar exemplares das flores mencionadas nas obras de Rosalía de Castro. Con esta recolecta elaboramos este herbario que viaxará polas aulas achegándo ao alumnado á realidade desta poeta da nosa Terra. 




jueves, 9 de mayo de 2024

Bibliotecas de aula

Nova dotación das bibliotecas de aula de infantil, a partir de agora todas as clases contarán con estes clásicos.


 

Mostra de teatro escolar do Concello de A Coruña

 O alumnado de 5 anos de 6º de infantil participa na convocatoria de Mostra de teatro escolar organizado polo Concello de A Coruña. 

Hoxe o alumnado de 5 anos A visitará o cole Obradoiro para representar a obra "Vamos a cazar un oso". 

E mañá o alumnado de 5 anos B visitará a EIM Luis Seoane para facer a representación do conto "A mellor sopa do mundo"

Moita sorte compañeiros/as.

Tamén recibiremos a estes centros no noso cole para poder desfrutar das súas obras.

miércoles, 8 de mayo de 2024

Novidades e recomendacións

Os axundantes da biblio prepararon estas recomendacións lectoras animándo a lectura.



 

Formacións profesorado

Durante este curso, o profesorado do centro estivo a participar en diversas formacións relacionadas coas líneas formativas nas que participa o centro. 

POLOS CREATIVOS: Pensamento computacional

A HORTA: Creación dunha horta escolar.
 SAÚDE MENTAL

ERASMUS: Reggio Emilia, etc





martes, 7 de mayo de 2024

Concerto Letras galegas

O día 16 de maio recibiremos no colexio a Brais das Hortas como peche e broche final ao tema do noso proxecto anual.

 

lunes, 6 de mayo de 2024

Comezamos o reto do galego

 Como todos os anos dende o día 6 de maio ata o 17 de maio comprometémonos a falar en galego. Cada curso elaborou as súas chapas conmemorativas dedicadas  ao día das letras galegas e a escritora homenaxeada este ano: Luisa Villalta.