lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Agustuín Fernández Paz fixolle un agasallo as Bibliotecas Escolares de Galicia no "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor" 2012
Moitas grazas


OS RÍOS DA VIDA

Din que todas as persoas necesitamos as historias,
tanto coma a auga que bebemos,
tanto coma o pan de cada día.
Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir!

Só hai que abrir un libro
e deixarse arrastrar polo río das palabras,
esas que fan nacer dentro de nós
outros mundos e outras vidas.

Semella cousa de maxia que os libros
garden tantas marabillas no seu interior:
a emoción do inesquecible primeiro bico;
a voz pausada e sabia do ancián da tribo;
as conversas das mulleres que traballan arreo
nos arrozais do delta do Mekong;
os andares pousóns dos camelos,
a avanzaren coa caravana polas areas do deserto;
o espanto ante os perigos que a escuridade agocha,
nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa;
a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos;
as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito;
ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza;
a fascinación polas estrelas,
que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo;
o desespero de sentirse só entre ríos de xente;
o nacemento dunha persoa, a morte doutra;
os seres máxicos e os deuses terribles…
Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces,
de linguas, de recendos, de paisaxes…

Unha maxia secreta e inesgotable,
que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario