Hoxe é o día de Samaín, festa tradicional celta na que se celebraba o paso do verán ao inverno.
O equipo de Dinamización lingúistica e o de Biblioteca, coa colaboración de todo o equipo de mestres, organizamos varias actividades para celebrar este día.
- Exposición de cabazas. Os nenos e nenas trouxeron das súas casas moitísimas cabazas decoradas que adornaron o vestíbulo do colexio, a biblioteca, os corredoiros...
- Exposición de froitos de outono. Encóntrase no vestíbulo, nela podemos atopar: mazorcas de millo, uvas, landras, abelás, noces, mazás, setas...
Moitísimas grazas pola colaboración das familias.
- Adiviñas. Na entrada do colexio, cada día, hai unha adiviña.Todos os rapaces e rapazas pensan moito e discuten nas clases para ver quen foi quen de adiviñala.
- Festival de Samaín.Disfrazámonos, recitamos conxuros, cantamos, bailamos e representamos dúas pequenas obras de teatro. Asustámonos moito mais tamén nos divertímonos.
Feliz día do SAMAÍN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario