lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o "Día do libro".
 A "Conferencia General de la UNESCO", no ano 1995, escolleu este día para rendir unha homenaxe universal aos libros e aos seus autores porque ese día do ano 1616 morreron dous escritores internacionais, Cervantes e Shakespeare.

.
"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
                                           Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO 



As  Bibliotecas Escolares de Galicia editaron este marcapáxinas para celebrar o Dïa Mundial de Libro.
Nel podemos disfrutar cun texto orixinal de PAULA CARBALLEIRA (contacontos, actriz, escritora, directora de teatro).
 Este día nos ímolo celebrar da mellor forma posible. Os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo van apadriñar e amadriñar aos mais pequenos do cole. Na "Hora de ler" vanlles contar un conto, calquera rincón vai ser bo para escoitar e compartir un libro.

Tamén haberá un agasallo: O MARCAPÁXINAS.

1 comentario:

  1. Estupenda iniciativa a de amadriñar, xa o ano pasado fora un éxito, todos os esforzos son poucos para estimular a lectura nos nenos, gracias polo voso traballo.

    ResponderEliminar