Despois da visita do pai de Joel e a nai de Lorena, que xa publicamos hai un tempo, seguimos a ter compañía lectora na aula da MOSCA CHOSCA.
A seguinte en vir lernos un conto foi Susana, a nai de Lola. Entre as dúas nos leron o conto do Ratiño Pérez. Deberon traballar moito na casa porque o fixeron xenial.
Ese mesmo día tivemos a visita de Tamara, a profe do ano pasado, así que lle pedimos que tamén ela nos lera un conto, Kokoriko... cantos recordos!
Un par de días máis tarde viñeron o pai e a nai de Gael, Daniel e Vanesa. Eles nos contaron unha preciosa fábula. Como vedes, nos interesou tanto que non lle quitabamos ollo, nin orella!
Angi e Luis son a tía e o tío de Lucas Reino. Gustounos moito a lectura que fixeron, era unha historia que lle gustaba moito a Lucas, Epi e Blas. El estaba encantado, e o resto do grupo tamén.
Irene estaba tamén contentísima cando viñeron súa nai, María e seu pai, Juan. Contáronnos un par de historias, unha era de animais e a outra era un conto que nos gusta a todas e todos, Peter Pan.
Que bonito o conto de Frederick! A nai de Lucas Santamariña veu hai un par de semanas a contarnos esta preciosa historia daquel ratiño tan especial que se adiacaba a xuntar palabras para o inverno.
Tamén se apuntou a acompañarnos a nai de Alba, que se chama Tamara. A historia que contou fíxonos moita graza, era dunha nena que quería un can e para conseguilo comezou por pedirlle á súa familia unha serie de animais moito máis grandes e difíciles de coidar até que ó pai, finalmente, lle parece xenial a idea de ter un pequeno canciño na casa. Ollo, non vaia ser que aprenderan o conto!
Yaiza contounos que había uns días que estivera visitando as Covas de Altamira e estaba encantada coa de cousas que aprendera relacionadas co proxecto que se está a traballar na nosa aula, que mercaron alí un libro que logo nos contou súa nai Ana María. Aínda o temos na clase e nos parece do máis interesante. Nel contase de forma ilustrada a evolución dende os primeiros seres vivos ás mulleres e homes actuais. Como foron evolucionando!
Tivemos outras dúas visitas específicas da temática coa que traballamos no proxecto. Luis, o tío de Lucas Reino, volveu para explicarnos de forma moi específica algunhas das catacterísticas dos dinosauros e grandes reptiles. Descubrimos moitas cousas que nos axudan a coñecelos e distinguilos. Sabiades que hai un dinosauro que ten o naríz enriba dos ollos?
Tamén veu Sergio, o pai de Alexandre a contarnos e a axudarnos a experimentar a arqueoloxía. Ademais de traer diferentes fragmentos e pezas antiquísimas, nos amosou libros e revistas relacionados coa materia. Que mundo máis interesante!
Moitísimas grazas a todas e todos por participar, que ilusión nos fixo!