jueves, 30 de mayo de 2013

Máis lecturas na aula de 4 anos B

Despois da visita do pai de Joel e a nai de Lorena, que xa publicamos hai un tempo, seguimos a ter compañía lectora na aula da MOSCA CHOSCA. A seguinte en vir lernos un conto foi Susana, a nai de Lola. Entre as dúas nos leron o conto do Ratiño Pérez. Deberon traballar moito na casa porque o fixeron xenial. 



Ese mesmo día tivemos a visita de Tamara, a profe do ano pasado, así que lle pedimos que tamén ela nos lera un conto, Kokoriko... cantos recordos!


Un par de días máis tarde viñeron o pai e a nai de Gael, Daniel e Vanesa.  Eles nos contaron unha preciosa fábula. Como vedes, nos interesou tanto que non lle quitabamos ollo, nin orella!



Angi e Luis son a tía e o tío de Lucas Reino. Gustounos moito a lectura que fixeron, era unha historia que lle gustaba moito a Lucas, Epi e Blas. El estaba encantado, e o resto do grupo tamén.



Irene estaba tamén contentísima cando viñeron súa nai, María e seu pai, Juan. Contáronnos un par de historias, unha era de animais e a outra era un conto que nos gusta a todas e todos, Peter Pan.



Que bonito o conto de Frederick! A nai de Lucas Santamariña veu hai un par de semanas a contarnos esta preciosa historia daquel ratiño tan especial que se adiacaba a xuntar palabras para o inverno.



Tamén se apuntou a acompañarnos a nai de Alba, que se chama Tamara. A historia que contou fíxonos moita graza, era dunha nena que quería un can e para conseguilo comezou por pedirlle á súa familia unha serie de animais moito máis grandes e difíciles de coidar até que ó pai, finalmente, lle parece xenial a idea de ter un pequeno canciño na casa. Ollo, non vaia ser que aprenderan o conto!



Yaiza contounos que había uns días que estivera visitando as Covas de Altamira e estaba encantada coa de cousas que aprendera relacionadas co proxecto que se está a traballar na nosa aula, que mercaron alí un libro que logo nos contou súa nai Ana María. Aínda o temos na clase e nos parece do máis interesante. Nel contase de forma ilustrada a evolución dende os primeiros seres vivos ás mulleres e homes actuais. Como foron evolucionando!



Tivemos outras dúas visitas específicas da temática coa que traballamos no proxecto. Luis, o tío de Lucas Reino, volveu para explicarnos de forma moi específica algunhas das catacterísticas dos dinosauros e grandes reptiles. Descubrimos moitas cousas que nos axudan a coñecelos e distinguilos. Sabiades que hai un dinosauro que ten o naríz enriba dos ollos?




Tamén veu Sergio, o pai de Alexandre a contarnos e a axudarnos a experimentar a arqueoloxía. Ademais de traer diferentes fragmentos e pezas antiquísimas, nos amosou libros e revistas relacionados coa materia. Que mundo máis interesante!




Moitísimas grazas a todas e todos por participar, que ilusión nos fixo!






miércoles, 29 de mayo de 2013

Anxo Moure no noso cole

Anxo Moure estivo connosco presentándonos o seu libro "O carballo con botas" Anxo chegou ao noso cole conducindo a súa bicicleta, cun gran cesto de madeira de salgueiro no que había frautas,carautas e monicreques todos construidos con papel reciclado e materiais de refugallo.
Foi moi divertido e aprendimos moito
Moitas grazas Anxo.

Cóntame un conto

Estamos rematando o mes de maio, e nos seguimos disfrutando coas lecturas e os contos que nos narran as nosas familias.
Hoxe estivo connosco María, a nai de Guille de 4 anos. Contounos dous contos moi divertidos "Te quiero un montón" e "Un príncipe algo rarito"



















Durante estes días as aulas de Educación Infantil enchéronse  de  animais enormes.
Os osos polares entraron no noso cole da man de Noe, a nai de Tania.



Os leóns tamén entraron nas clases de Educación Infantil da mán de María e Brais cun conto precioso da editorial OQO "A máscara do león"




 Os mais enormes foron os que nos trouxeron  Elba e a súa nai Lorena con "Dina Dinosaurios"



Cóntame un conto

Victoria, a nai de Roque conounos dous contos moi bonitos "Corre, corre cabaciña, corre, corre cabezón" e "O embigo de Xanecas"




Moitas grazas Victoria
  
Nós, estamos disfrutando moito con todos os contos que nos están a contar as familias. Hoxe volveu a estar connosco Miguel, o pai de Lois. Nesta ocasión contounos "A máscara do león"






domingo, 26 de mayo de 2013

"O carballo con botas"

O próximo martes imos ter na Biblioteca unha visita moi especial:
Anxo Moure vainos presentar o seu libro "O carballo con botas"

Esta historia faranos cavilar e aprender a respectar o mundo que nos rodea

sábado, 18 de mayo de 2013

Letras Galegas

Estamos celebrando un día moi importante para todos os galegos, o día das "Letras Galegas".
Durante todo o mes de maio estamos realizando actividades para celebralo.
Como este ano as letras están adicadas a Roberto Vidal Bolaño, o primeiro que fixemos foi coñecelo. A súa actividade mais importante está relacionada co teatro, e nos adicámonos a ler, representar e ver teatro.



 


















































   Como homenaxe caraterizámonos inspirándonos nel    Aprendimos como se fai un libro.



Cantas cousas hai que facer para poder publicar un libro!!

   Cantamos e bailamos escoitando un recital de Pablo Díaz.


Que bonitas son esas cancións: "O libro", "Imos contar un conto", "O reloxo", "O moucho chosco"...
Moitas grazas Pablo. Foi un día inesquecible.

lunes, 13 de mayo de 2013

Cóntame un conto

Raquel, a nai de Estela, contounos "Carlota e a gaivota patiamarela". Con este conto recordamos a catástrofe do Prestige. Gustounos tanto que lle pedimos que nos contase outro e contounos "Carlota e a bota perdida".
Moitas grazas


















Carlos, o pai de Lucía, contounos un conto precioso que nos fixo pensar "Rosa Caramelo".