Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de abril de 2017

LENDAS

A rapazada de cuarto estivo investigando sobre as lendas galegas, fruto da súa investigación é o seguinte traballo.


Seguide traballando.
Parabéns rapaces e rapazas!

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Reto Selfie na Coruña e imaxes antigas do barrio

Estimadas familias, 
O ano pasado tiñamos como proxecto de traballo "A ciencia", lembrades? Por iso, non queriamos deixar de informarvos de que os museos da cidade: Domus, Casa das Ciencias, Acuario e Muncyt, durante esta semana, dun xeito gratuíto, celebran o Mes da Ciencia en Galego e organizan diversas actividades para todalas idades. Aproveitade!
Este curso o noso proxecto chámase "Bibliomistos pola Coruña". Imos descubri a cidade e, coma sempre, para algunhas das actividades que imos facer necesitamos a vosa colaboración. Queredes axudarnos?
Os mércores, no vestíbulo do colexio, vai aparecer unha foto dun recuncho, un edificio, unha praza...dalgún punto da cidade.
Propoñemos a seguinte actividade:
- Sacarse unha foto (selfie) nese lugar. Quen? A vosa familia e/ou amizades (1,2,3...?)
- Unha vez que a teñades impresa, podedes entregala á súa titora e despois pegarémola no mural que faremos con todos eses puntos recoñecidos da cidade.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

RECOÑECEDES O ESPAZO DESTA SEMANA????



Lembramos tamén que temos outro proxecto paralelo para facer unha exposición de fotografías antigas do barrio.


lunes, 9 de noviembre de 2015

RECEITAS DO SAMAÍN

Bibliomistos está encantado. Chegaron taaaantas receitas con comidas arrepiantes!!




Para que todos e todas poidades lelas, ímolas expoñer no corredor do lado da biblioteca.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

  

viernes, 22 de mayo de 2015

BIODIVERSIDADE

Cando o mércores, na Hora de ler, liamos no xornal "Día Mundial da Diversidade Biolóxica" fixémonos moitas preguntas. Hoxe recibimos resposta a maioría delas. Pedro, naturalista, explicounos moi ben o que é a biodiversidade. Explicounos como facían as súas investigacións os naturalistas do século XIX, as ferramentas que utilizaban, como preparaban as súas mostras e nos lugares onde podemos atopalas.
 Agora non se utilizan os mesmos métodos, ademais de coñecer é moi importante que protexamos, conservemos...
 Falounos dunha maneira moi especial do naturista do que leva o nome o noso colexio Víctor López Seoane Queremos agradecerte a túa colaboración. Moitas grazas

jueves, 21 de mayo de 2015

Teatro: A vida de X. Filgueira Valverde

O alumnado de 6º A logo de  investigar sobre a vida de Xosé Filgueira Valverde, o autor homenaxeado este ano nas "Letras Galegas", preparou unha representación teatral na que nos mostrou a súa vida e os seus traballos mais importantes.

Parabéns rapaces e rapazas, fixésteslo de marabilla

lunes, 10 de febrero de 2014

CÓMIC SOBRE MANDELA 5º PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria, estiveron traballando coa WEBQUEST de NELSON MANDELA.

O resultado final do seu traballo consistía en realizar un cómic cooperativo entre todos os nenos e nenas da clase, escollendo imaxes reais e cartoonizándoas online. 

Para chegar a este cómic final tiveron que seguir unha serie de pasos:

1º Resolver a cuestión que se lles plantexaba, buscando información na internet.
2º Organizar dita información, corrixila, traducila ao galego e transformala no texto que aparece no bocadillo que ilustra a imaxe,
3º Elixir unha imaxe de Mandela que retratara o momento da súa vida que tiñan que traballar.
4º Cartoonizar a imaxe online, a través da páxina web www.kusocartoon.com
5º Montar todo o cómic coas imaxes cartoonizadas.

E aquí temos o nosos cómics. 
QUE OS DISFRUTEDES!!

miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O xoves  30 de xaneiro celébrase o "Día escolar pola Paz e a non violencia", no 66 aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Este curso adicámolo a figura de Nelson Mandela e a igualdade das razas.
Organizamos varias actividades:
   Lecturas de libros: Negros e blancos, Dous monstruos, Elmer,...
   Elaboración dunha webquest sobre Nelson Mandela.
   Dialogamos sobre a súa obra e o seu pensamento a través das súas frases.
   Elaboramos un cómic coa biografía de Madiba.
   A ONG,  Equus Zebra, visitounos para explicarnos que é unha ONG e as funcións que teñen. O seu  traballo vai dirixido fundamentalmente, a axudar á inmigración na súa adaptación ao noso país.
 Fixéronnos reflexionar sobre as diferentes condicións que poden ter os nenos na súa vida familiar e social.
No coloquio falamos de axuda, tolerancia, non discriminación...


Foi moi interesante e instructivo.
Como colofón o xoves todo o alumando e profesorado do colexio cantaremos e bailaremos todos xuntos a canción "Free Nelson Mandela" 
Pronto poderedes ver as fotos


viernes, 14 de junio de 2013

A LÚA

Os nenos de 4º B en Educación educativa estiveron investigando, dentro do noso PDI sobre "O UNIVERSO", sobre a lúa.
Onte presentáronnos todo o seu traballo ao resto dos compañeiros.
Mirade que ben o fixeron.

A lúa -
Moi bo traballo.

Grazas

lunes, 4 de febrero de 2013