Mostrando entradas con la etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de noviembre de 2019

Concurso de cómics de terror!

Semana de votacións! Despois da gran acollida que tivo o concurso de cómics con ata 27 equipos participantes é tempo de votacións. Que gane o mellor! O luns faremos o reconto de votos e coñeceremos aos gañadores/as!





viernes, 23 de mayo de 2014

Quino, o pai de Mafalda, galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

 Quino descubriu o debuxo grazas ao seu tío. "Eu herdei o nome e o oficio do meu tío Joaquín. Ver que do seu lapis saían montañas, árbores, persoas... marabillábame. Todos os rapaces debuxan, pero eu seguín. Estudei un pouco en Belas Artes e dous anos despois cometín o erro de crer que aos 15 xa o sabía todo e abandonei. Diso arrepíntome cada vez que podo".
O humorista alcanzou un recoñecemento universal da man de Mafalda, que naceu hai 50 anos.
A nena redita de seis anos apenas viviu unha década no papel imprimido. Quino abandonou o personaxe en 1973 sen que o personaxe nunca o abandonase a el.
 Non volveu debuxar a Mafalda salvo en ocasións excepcionais, a petición dalgunha organización solidaria como Unicef



 Na biblioteca temos varios libros que podedes levar.
Se queredes ver mais tiras premede aquí