Mostrando entradas con la etiqueta PowerPoint. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PowerPoint. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de enero de 2017

MIGRACIÓN Y REFUGIO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2017



Este ano queremos enfocar o Día Escolar da Paz e da non Violencia cara ao que está a pasar no mundo co respecto ás persoas que fuxen dos seus países por moitos motivos como a guerra, a súa raza, relixión, opinións políticas distintas, pertencer a un grupo social determinado, por razón de xénero ou pola súa orientación sexual.

As persoas que fuxen do seu país de orixe por calquera destes motivos o único que quere é poder "vivir", por iso piden refuxio; e, por iso queren exercer o seu dereito de asilo (Artículo 14 Declaración dos Deritos Humáns). Que podemos facer nós?

Nesta semana traballarase nas clases esta temática con contos, libros, cortos de animación, documentales, traballos de investigación....

Aquí deixámosvos  un pequeno GLOSARIO co que comezamos este tema para aclarar dúbidas e conceptos.


E contaremos o venres coa visita de dúas persoas moi relacionados co tema dos Dereitos Humáns:

A periodista Patricia Simón, galardonada co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación 2013, ponente en seminarios, cursos e congresos sobre periodismo, dereitos humáns, enfoque de xénero, trata de persoas e explotación sexual. 


O fotoperiodista Javier BauluzPremio Pulitzer de Fotografía 1995 polo seu traballo en
Ruanda, Premio Periodismo e Dereitos Humáns 2008, Premio Dereitos Humáns do Consello Xeral da Abogacía 2016, entre otros.


Pola mañá, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º van ter a sorte de poder compartir un encontro persoal con eles onde van contarlles  as súas experiencias persoais cos nenos e nenas refuxiadas e as súas familias. 

E xa pola tarde, ás 18:30, o resto da comunidade escolar e achegados, estades invitados a vir ao Encontro persoal, que darán conxuntamente, apoiándose no último traballo de Bauluz "Buscando refuxio para os meus fillos", onde narra o camiño percorrido a pe desde a súa chegada a Grecia ata Alemaña.

(O acto vai ser na Sala de Usos Múltiples, ata encher o aforo)

lunes, 7 de diciembre de 2015

DÍA DO CONTO: TÍO LOBO


Para pechar o mes de novembro, o mes do medoNoa, a mestra de 4 anos da clase dos Nadaríns, contounos TÍO LOBO, un conto adapatado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos. 

Conta a historia de Carmela, unha nena moi golosa que quería comer unhas chulas....e como a súa nai non tiña a sartén mandoulle ir á casa do Tío Lobo....






lunes, 16 de noviembre de 2015

DIA DO CONTO: CAPITÁN CALABROTE



CAPITÁN CALABROTE, da Editorial Kalandraka, foi o título elexido por MARÍA, RUTH y AITANA, de 5º de primaria, para o día do conto deste venres.

Hai piratas aos que as circunstancias lles fan difuminar o seu pasado terrible para covertirse en seres amables e de nobles sentimintos. Piratas nostálxicos como Calabrote protagonizan esta entrañable historia, obra de ALBERTO SEBASTIÁN.


O Capitán Calabrote vivía tranquilamente, retirado nunha illa deserta onde tiña enterrado o seu tesoro. Un día apareceu un visitante inesperado: outro vello e temible pirata escollera o mesmo territorio para esconder o seu cofre... 



Deixámosvos aquí o conto pra que o poidades ver con tranquilidade;

sábado, 25 de enero de 2014

DÍA DO CONTO: CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR A NOITE DE REIS

"O tren de Martiño...CHU-CHU-CHU vai polo camiño..CHUCU-CHUCU-CHÚ..."
O pobre do Martiño....quería un tren como regalo de reis pero.... esa noite , mentres os reis estaban colocando os regalos no salón....entráronlle gañas de mexar!!
"Cando Martiño tivo gañas de mexar a noite de Reis" é o título deste clásico de Chema Heras, ilustrado por Kiko Da Silva, editado por Kalandraka.
Inés, Ana e Nerea, de 6º de primaria, prepararon un Powerpoint cas ilustracións do conto e lérono na biblioteca este venres.
Cada día vanse animando a vir máis nenos e nenas á biblio a escoitar un conto. Desta vez tivemos público de case todas as idades, 1º, 3º, 5º e 6º de primaria, e volveron repetir os nosos amigos da clase de Mafalda, 4 anos B.

domingo, 19 de enero de 2014

DÍA DO CONTO: O PIRATA PATA DE LATA


Lucía Sesar de 5ºB elixiu un clásico de Kalandraka,"O pirata pata de lata", escrito por Oli e ilustrado por Ramón Trigo.

A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo na busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está pola labor de combatir.

Aproveitamos una presentación en Power Point das imaxes do conto para que maiores e pequenos disfrutaran ao grande deste singular pirata chamado pata de lata.
Viñeron moitísmos nenos e nenas de primaria e de infantil e aínda que encheron a biblioteca, xuntámonos todos moito, moito para facernos esta foto con Lucía.
Deixámosvos o power point para que o volvades a ver cantas veces queirades.

 PIRATA PATA DE LATA LUCÍA by aulainformaticaelena