O ano 2011 foi declarado "O ano dos bosques".
No colexio estamos a traballar cos eles.
Se queres saber mais, xoga con esta actividade LIM que prepararon na Biblioteca escolar Víctor Sáenz de Mazaricos.
Podes xogar con esta outra actividade LIM preme aquí
domingo, 29 de abril de 2012
viernes, 27 de abril de 2012
LECTURAS COMPARTIDAS
Hoxe, na "Hora de ler" estivo con nos Merchy, a avoa de Lucía. Contounos o conto "El traje nuevo del emperador".
Moitas grazas polo conto.
martes, 24 de abril de 2012
APADRIÑANDO LECTURAS
Este ano o "Día do libro" foi diferente. Os rapaces e rapazas de 3ºa 6º foron os padriños e madriñas dos mais pequenos do colexio.
Os nenos e nenas de educación infantil e primeiro ciclo recibiron a visita dos seus padriños, que os levaron para contarlles un conto. Como ía mal tempo non puideron saír o patio pero atoparon recunchos donde poder escoitalos. Calquera sitio é bo, si temos un libro para compartir.
Foi moi interesante e repetirémolo.
¡¡Que todos os días sean o día do libro!!
lunes, 23 de abril de 2012
PAZ ANDRADE
Este ano o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" está adicado a Valentín Paz Andrade. Para que poidades ir coñecéndoo aquí tedes un xogo LIM
DÍA DO LIBRO
Agustuín Fernández Paz fixolle un agasallo as Bibliotecas Escolares de Galicia no "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor" 2012
Moitas grazas
OS RÍOS DA VIDA
Din que todas as persoas necesitamos as historias,
tanto coma a auga que bebemos,
tanto coma o pan de cada día.
Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir!
Só hai que abrir un libro
e deixarse arrastrar polo río das palabras,
esas que fan nacer dentro de nós
outros mundos e outras vidas.
Semella cousa de maxia que os libros
garden tantas marabillas no seu interior:
a emoción do inesquecible primeiro bico;
a voz pausada e sabia do ancián da tribo;
as conversas das mulleres que traballan arreo
nos arrozais do delta do Mekong;
os andares pousóns dos camelos,
a avanzaren coa caravana polas areas do deserto;
o espanto ante os perigos que a escuridade agocha,
nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa;
a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos;
as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito;
ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza;
a fascinación polas estrelas,
que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo;
o desespero de sentirse só entre ríos de xente;
o nacemento dunha persoa, a morte doutra;
os seres máxicos e os deuses terribles…
Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces,
de linguas, de recendos, de paisaxes…
Unha maxia secreta e inesgotable,
que a nós nos corresponde descubrir.
Agustín Fernández Paz

domingo, 22 de abril de 2012
"DÍA DO LIBRO"
NA “HORA DE LER” OS PADRIÑOS E MADRIÑAS PASARÁN A RECOLLER AOS SEUS AFILLADOS E AFILLADAS POLAS SÚAS CLASES.
LECTURA NA ESCOLA
Coincidindo co "Día do Libro 2012", existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta, especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais, que fainos reflexionar sobre o ambiente de lectura na escola.
Son 12 puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro replantexamento da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas.

viernes, 20 de abril de 2012
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
O próximo luns é o "Día do libro". No noso colexio ímolo celebrar cunha actividade moi interesante.
Os alumnos e alumnas de 3º, 4º,5º e 6º van apadriñar e amadriñar aos nenos e nenas mais pequenos.
O padriño ou madriña vaille contar un conto, que estivo preparando durante esta semana, ao seu afillado. Desexamos que faga bo día e poidamos facelo polo patio.
Se queres saber mais do "Día do libro" preme aquí.
jueves, 12 de abril de 2012
Nadarín
Hoxe foi un día moi especial.Os alumnos e alumnas de primeiro do CEIP Sanxurxo de Carricarte, os nosos veciños, viñeron visitarnos e representaron unha obra de teatro. A obra era unha adaptación do conto "Nadarín" de Lio Lionni.
Quedamos abraiados do ben que o fixeron. ¡Que marabilla de coreografía, vestiario, música! Queremos que volvades moi pronto! Moitas grazas!

martes, 3 de abril de 2012
Contos dos bosques
A mascota da nosa biblioteca, Bibliomistos, convocou un concurso de contos. Moitos alumnos participaron e foi moi difícil escoller os mellores. Aquí están os textos gañadores.
E agora as fotos dos gañadores.¡Noraboa!

domingo, 1 de abril de 2012
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Hans Christian Andersen naceu un día 2 de abril, desde 1967, este día celébrase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" para estimular o amor pola lectura e para promover o interese polos libros para nenos.
A ilustración é de Juan Gedovius e o texto deste ano é do mexicano Francisco Hinojosa.
HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os cuentos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.
Francisco Hinojosa
Podedes coñecer mellor a Hans Christian Andersen se premedes no seguinte EdiLim facilitado pala Biblioteca do Ceip Mestres Goldar, aos que agradecemos que compartan con nós o seu magnífico traballo.

Anxo Fariña estivo con nós e...
Falounos da súa experiencia como ilustrador e como escritor.
Contounos como se inspirou na paisaxe para escribir A chave da Atlántida. Ensinounos tamén como é o proceso de elaboración dunha ilustración. Uf..., Leva moito tempo aínda que xa sexas un artista!
Deixounos este bosquexo como recordo do seu paso pola nosa biblioteca.
Esperamos que volva pronto.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)