martes, 29 de mayo de 2018

VISITA DO ESCRITOR ANXO FARIÑA A 6º

O alumnado de 6º leu durante este curso o libro "A chave da Atlántida" e para finalizar convidou ao seu escritor nunha xornada na que intercambiaron opinións, gustos, etc.



English day: Obras de teatro e xogos

O martes 22 de maio celebramos no cole unha xornada especial "The English Day" organizada polo equipo de inglés, con caracterización, xogos e unha fantástica obra de teatro representada por unha coñecida compañía.
Para os pequenos a obra elixida foi  "The Wild Wild West", unha comedia sobre dous irmáns vaqueiros que vivían no lonxano Oeste xunto a súa nai. E para os maiores " The Sword in the Stone" unha comedia sobre a lenda do Rei Arturo.
Despois, o alumnado do centro puido gozar dunha Gynkana de xogos do Oeste con: country dance, Horse shoe toss, Pin the Badge on the Sheriff, Relay Race and Hula Hoop. 
Para máis información sobre as actividades do Equipo de inglés, podedes consultar o seguinte blogue: http://epeakenglish.blogspot.com/

miércoles, 23 de mayo de 2018

Contacontos en familia. 5 anos

Conchi, a nai de David Beren contoulles este conto aos nenos e nenas da súa clase. Grazas por animarte a participar!


martes, 22 de mayo de 2018

DÍA DAS FAMILIAS

O 15 de maio conmemorouse o día das familias. E tal e como puxeron os nosos pequen@s "Onde hai amor, existe unha familia". Este día aproveitamos para ver os diferentes tipos de familias e o importante que é para nos pertenecer a unha delas.
Estes son algúns dos nosos contos preferidos, que podedes atopar na biblioteca do cole!





A xornada de xogos en familia tivo que aprazarse por mor do tempo, pero o alumnado de 3 anos tivo a sorte de poder disfrutar dun Obradoiro tan saboroso como divertido. O "Chocobanana"! Grazas ao ofrecemento dunha mamá a contarnos de onde ven o cacao e ensinarnos froito e sementes. Que actividade máis docemente interesante...




















E para finalizar un agasallo para todas as familias!

lunes, 21 de mayo de 2018

SIMULACRO DE INCENDIOS

O mércores 9 de maio realizamos un simulacro de evacuación no cole, cun incendio o máis real posible. Contamos coa presenza dos bombeiros e con mangueirazo de auga incluído. Grazas a colaboración dun dos papás.
 O importante é que tod@s sabemos o que debemos facer en caso de emerxencia. Para os que dende ese día decidiron que queren ser de maior, deixámosvos dous libros con máis información!




jueves, 17 de mayo de 2018

EXPOSICIÓN DE LIBROS EN GALEGO

Mañá rematamos o reto do galego, non esquezas coller un libro para ler nesta fermosa lingua. É unha boa oportunidade para descubrir que che poden ofrecer as súas páxinas.
1.Escolle o que máis che guste.
2. Lévao á biblioteca e pide que cho prestes
3. ... xa estás listo para que te acompañe a casa!

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a xornada entoando o HIMNO GALEGO ao son da gaita, alumnado, profesorado, familias e demais persoal non docente.
E para continuar exposición de traxes típicos galegos e demostración de instrumentos musicais antigos e modernos da nosa cultura a cargo do noso mestre de Música. Grazas Davide!