ATENT@S A WEB DO COLE!
lunes, 25 de mayo de 2020
domingo, 17 de mayo de 2020
ÁBRESE O PANO 1
Xa están aquí as vosas representacións de escenas de contos en galego! Preparados para xogar a adiviñar de que conto se trata? Non vale facer trampas! Parade o vídeo e intentade adiviñar antes de que apareza a resposta.
Quedáchedes con ganas de máis? Non vos preocupedes! Haberá unha segunda parte!
Moitas grazas a tod@s por participar!
viernes, 15 de mayo de 2020
Os bolechas e Carvalho Calero
En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Semana das letras galegas: venres
ESCAPE ROOM!
Os estudos, celebracións e recoñecementos para o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020 están agora mesmo cubertos cun manto escuro chamado COVID19.
A poboación confinada, os actos adiados, as escolas pechadas... cantos impedimentos para un homenaxeado que leva décadas proposto para a honra do Día das Letras e para o que, por fin, chegara o momento. Érguense voces pedindo un 2021 tamén para Carvalho Calero, semella que a situación actual non é axeitada para lle facer xustiza a este ilustre persoeiro para o que, por fin, chegara a hora do recoñecemento.
Mentres a situación se aclara sabemos da vosa heroicidade, vós podedes rescatar as Letra Galegas, anímaste á aventura?
https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20 Para 5º e 6º de Primaria.
(Autoría: Patricia Sánchez Lamas www.afiestradamestra.gal.)
jueves, 14 de mayo de 2020
Semana das letras galegas: xoves
(Para infantil e primeros cursos de primaria)
miércoles, 13 de mayo de 2020
I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020
I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020
Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020.
Os pais, nais ou titores legais de nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos poderán presentar, fotografada ou escaneada, unha obra realizada polo menor en que este reflicta o valor da lingua e literatura galegas.
Haberá dúas categorías:
- Infantil (3 a 6 anos)
- Primaria (7 a 12 anos)
O gañador ou gañadora de cada categoría recibirá unha xornada en familia no parque Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
IX Certame de Retatos Breves de Feiraco
IX Certame de Relatos Breves Feiraco
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco Lácteos S.L., con motivo das Letras Galegas 2020, convocan unha nova edición do Certame de relatos breves Feiraco.
Os relatos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras "Á sombra daquel carballo centenario...", coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Ricardo Carvalho Calero.
O prazo para presentarse estará aberto entre o 7 e o 31 de maio de 2020.
Semana das letras galegas: mércores
Canto sabes sobre o homenaxeado nas letras galegas? Demostrao a través destes xogos en liña! Elixe o teu curso e pon a proba os teus coñecementos!
martes, 12 de mayo de 2020
Semana das letras galegas: martes
Queredes ter un marcapáxinas ou unha chapa de Carvalho Calero? Entra no enlace é descargao picando na imaxe.
lunes, 11 de mayo de 2020
Semana das letras galegas
Hoxe deixámosvos o conto de As pitas baixo a choiva do escritor homenaxeadoeste ano, Ricardo Carvalho Calero. Queredes saber que pasa con elas? Pica na imaxe.
E ti? Xa tes a túa bandeira? #Eu falo galego
miércoles, 6 de mayo de 2020
RETO 2: ÁBRESE O PANO!
Ricardo Carvalho Calero é o
escritor homenaxeado no día das letras galegas de este ano. O teatro foi unha
das súas grandes paixóns. Foi espectador, escritor e tamén director de obras
teatrais. O amor polas artes escénicas acompañouno toda a vida.
Nos propoñémosvos un RETO: ÁBRESE O PANO! Pensade nun conto, libro...en galego. Carazterizádevos como os seus persoaxes e preparade un dos escenario. Gravadevos en vídeo ou sacade unha foto representando unha das escenas. Mándao ao noso correo: bibliomistos@gmail.com
O prazo vai ata o16 de maio.
O 17 publicaranse no blog da biblioteca os vosos vídeos ou fotos.
O 17 de maio ides poder ver a vosa foto/vídeo e a dos demais compañeiros/as e xogar a adiviñar de
que conto se trata!
Por exemplo, Ábrese o pano e aparece unha familia carazterizada do lobo e os porquiños. Péchase o pano, que conto é?
Que teñades un bo día!
RETO 1: EU FALO GALEGO
Todos os anos no noso centro celebramos o Reto Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.
Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.
Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego! E ti? Animádevos a participar!
Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.
Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego! E ti? Animádevos a participar!
martes, 5 de mayo de 2020
Letras galegas 2020
A Real Academia Galega dedica este ano o día das letras galegas ao ferrolán RICARDO CARVALHO CALERO. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor e dedicou a súa vida a disnificar o idioma e a cultura galega.
Queredes coñecer máis sobre el?
Queredes coñecer máis sobre el?
lunes, 4 de mayo de 2020
domingo, 3 de mayo de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)