miércoles, 27 de noviembre de 2019

Contavenres 29 de novembro

Este venres na biblioteca do cole non perdas a oportunidade de escoitar este conto coas voces de Aroa e Iago. 

martes, 26 de noviembre de 2019

Nos tamén creamos!

O alumnado de 5 anos do cole vai a participar no plan proxecta Nos tamén creamos! Consiste na creación dunha curtametraxe en galego realizada coa técnica stopmotion. Onte recibiron a formación as mestras implicadas, agora tócalle aos rapaces/zas!


 Iremosvos informando de todos os pasos. Comezamos!

Estreamos entrada!




 Grazas ao colectivo Oasis de Montealto o noso cole xa ten as letras do biólogo que lle da nome e dos seres que catalogou.

lunes, 18 de noviembre de 2019

Concurso relatos de Nadal

Dada a gran acollida do concurso de cómics do mes de outubro, lanzamos un novo concurso de RELATOS DE NADAL!

As bases do concurso son as seguintes:
- Escribe un relato relacionado co Nadal nunha carilla dun folio.
- En galego, sen faltas de ortografía (podes pedirlle ao teu titor@ que o corrixa antes de entregalo).
- Pode se individualmente ou por parellas.
- Pon o teu nome, apelidos e curso.
- Entrégao antes do 9 de decembro na biblioteca do cole.
 Anímate a participar!

O alumnado de infantil tamén poderá participar facendo un debuxo que ilustre a felicitación.

viernes, 15 de noviembre de 2019

miércoles, 13 de noviembre de 2019

lunes, 11 de noviembre de 2019

Contacontos entre aulas

Lucía e Candela contando Pomelo crece ao alumnado de 4 anos.

Novembro: mes da ciencia

Comezamos novo mes e con el novas actividades e propostas.
Novembro é o mes da ciencia. O noso cole está a sufrir una transformación para converterse nunha enciclopedia física. Cada aula está a estudar sobre unha muller científica Galega 👩🏻‍🔬 e con esa información decorarán a súa porta de aula. Da un paseo polo cole e coñece máis sobre a nosa cultura.

Ciencia nas Bibliotecas escolares

viernes, 1 de noviembre de 2019

HAPPY HALLOWEEN!










Mércores de mercadillo halloweense!

Despois dunha semana preparando receitas, hoxe chegou por fin o día! O alumnado de cada clase elaborou un prato terrorífico para compartir co resto do cole nunha xornada de festa! Sempre sen deixar de aprender, pois a compra e venda era comunicándose en inglés e coa moeda inglesa.





Concurso de cómics de terror!

Semana de votacións! Despois da gran acollida que tivo o concurso de cómics con ata 27 equipos participantes é tempo de votacións. Que gane o mellor! O luns faremos o reconto de votos e coñeceremos aos gañadores/as!