viernes, 30 de marzo de 2012

"II RECITAL DE POESÍA"

Este ano no "II Recital de Poesía"os nosos alumnos e alumnas recitaron poesías de creación propia, de Rosalía de Castro, Pondal,Xoán Neira,Antonio García Teijeiro...


Representaron unha pequena obra teatral "O miñato e mais a pomba" e un xogo pantomínico "O varal".





Foi un día moi especial para todos.

viernes, 23 de marzo de 2012

"NUBES" NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

A compañia Aracaladanza representou a súa última fantasía "Nubes".

Inspirada nas obras de René Magritte, é unha xoia de danza contemporánea para público infantil.
Todo o noso alumnado de Primaria fumos velos. Quedamos abraiados e chegamos á clase e aínda seguiamos bailando.
Donde a fantasía remata, iniciase a imaxinación...

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Cada 21 de marzo, dende o ano 1999, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Estes días durante a "Hora de ler" estamos lendo poesías que estean relacionadas cos bosques, fauna, flora, natureza...
Na biblioteca escolar temos un bosque no que os alumnos van ir pegando as súas poesías e a próxima semana teremos o "II RECITAL DE POESÍA".

O CONTACONTOS DE INACIO

Hoxe estivo con nos Inacio. Contounos historias do burro da tía Lola, de onagros, cantamos cancións, rimos e pasámolo moi bén.


Se queres coñecer mais a Inacio preme aquí

sábado, 17 de marzo de 2012

Roma antiga en 3D


Se tedes curiosidade por ver como era a cidade de Roma, podedes vela nunha recreación en 3D que nos facilita a Biblioteca de Milladoiro Malpica
http://malpicamil.blogspot.com.es/2012/03/roma-cidade.html

miércoles, 14 de marzo de 2012

ANXO FARIÑA NO CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE

Mañá,visítanos o escritor e ilustrador ANXO FARIÑA.
O noso alumnado de sexto,que estivo lendo o seu libro "A chave da Atlántida", está esperando con ansia a súa visita para poder falar deste libro que os tivo moi "enganchados".
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade.
Recomendámosvos algúns dos seus libros:

sábado, 10 de marzo de 2012

COÑECENDO A BIBLIOTECA DE MONTE ALTO

Os nenos e nenas de 4 anos foron coñecer a Biblioteca Municipal de Monte Alto.

Marta e Inés acompañáronnos por toda a biblio. Elas mostráronlles como está organizada, donde están os libros, as revistas, os CDs...
Devolvímoslles os contos que nos emprestaran para o colexio e elas ¡contáronnos un conto!, un conto moi bonito titulado EL CANTO DE LAS BALLENAS de Dyan Sheldon e Gary Blythe
A avoa de Lili revélalle a súa neta o misterio das baleas, as que regalan o seu canto a quen cre na poesía e na beleza. Tedes que lelo, é precioso.
Despois ensináronnos a diferenciar entre os contos e os libros informativos, fixemos un xogo e foi moi divertido.
Ao final puidemos levar moitos libros para o cole.¡Vaia día!

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celébrase o día internacional da muller traballadora. Este día serve para recordarnos que as mulleres e os homes somos iguais, temos os mesmos dereitos e que non debemos discriminar a ninguén polo seu sexo.
Para saber mais
Tedes unhas actividades aqui e aqui