Mostrando entradas con la etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2019

Nos tamén creamos!

O alumnado de 5 anos do cole vai a participar no plan proxecta Nos tamén creamos! Consiste na creación dunha curtametraxe en galego realizada coa técnica stopmotion. Onte recibiron a formación as mestras implicadas, agora tócalle aos rapaces/zas!


 Iremosvos informando de todos os pasos. Comezamos!

lunes, 4 de junio de 2018

PREMIO Á MELLOR CURTOMETRAXE

O alumnado de 6º do noso centro está de parabéns! Participou no Obradoiro de iniciación á curtometraxe en galego organizado polo concello de A Coruña e levou o PREMIO A MELLOR CURTAMETRAXE. FELICIDADES Miguel, Diego, Lucía, Iván e Laura!


O día 30 de maio tivo lugar o V Festival de Curtas Ópera Prima 2018 no que se proxectaron as oito curtas gravadas polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos oito CEIP que participaron nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”. Para máis información podedes consultar a páxina web do concello:
http://www.edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/v_festival_de_curtas_opera_prima_20182

jueves, 15 de marzo de 2018

Creando curtas

O alumnado de 6º quedou con ganas de seguir creando material audiovisual e despois da experiencia en Maiores máis menores do primeiro trimestre, nesta ocasión preséntannos unha curtametraxe elaborada da aula para concienciar sobre os perigos ao volante.
Como sigades así, vanvos contratar para a vindeira campaña da DGT! Parabéns!

miércoles, 14 de marzo de 2018

Actividade Maiores máis menores

O noso alumnado de 4º e 6 de primaria participou durante o primeiro trimestre na actividade MENORES MÁIS MAIORES, que se enmarca dentro do programa LECER ACTIVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración con OQO editora.
Esta actividade consiste en promover o contacto entre maiores e cativos e crear relacións interxeneracionais a través da realización dunha curtametraxe coa técnica de animación stop-motion con plastilina.
O libro representado nesta ocasión foi O AVÓ DE ZULAIMAR da editorial OQO.































Aquí podedes ver algunhas fotos dos maiores da Residencia Torrente Ballester e os alumnos/as do CEIP Víctor López Seoane creando xuntos. Se queredes ver máis entrade na páxina do proxecto http://maiores.oqo.es/centro-4

Froito de esta entrañable experiencia é este audiovisual:  


E para os máis curiosos, o making off
Como se fixo a curta “O Avó de Zulaimar” A Coruña from OQO on Vimeo.