sábado, 30 de abril de 2016

ARBORES POÉTICAS

Estamos a facer os nosos primeiros pinitos poéticos.
Comezamos facendo centóns, coas poesías de Rosalía e agora nos atrevemos cos pareados.



Animádevos a seguir escribindo.

martes, 26 de abril de 2016

REBUMBIO MATEMÁTICO

Aquí tedes ao equipo que se clasificou na fase de centro do Rebumbio matemático.



Acaban de chegar ao Forum, onde van a participar na fase de zona.

Un pouco de nervos mais moita alegría 


Por fin imos comezar.


A saída están moi orgullosos e contentos.

Atoparon a algúns amigos e están desexando pasar á seguinte fase.

FELICIDADES!!

lunes, 25 de abril de 2016

CONTOS EN FAMILIA: 18-22 ABRIL

Dende hai uns anos, ao longo do mes de abril, as nais, pais, avós, avoas, tías, tíos...estades invitados a vir contarnos contos na nosa hora de ler (10:40-11:00)

E como todos os anos, a nosa proposta é moi ben recibida por vós; e sempre temos que alongar o noso mes do libro ata o mes de maio. XENIAL!!!

Queremos animarvos a vir, seguir participando nesta actividade, disfrutar convosco das lecturas e dos nenos. Por iso, deixámosvos aquí unha mostra do que aconteceu nesta semana.


MES DO LIBRO CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE on PhotoPeach

domingo, 24 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que mes mais incrible!
Seguimos coas actividades do mes dos libros. O xoves fixemos a actividade que mais lle gusta a o noso alumnado o APADRIÑAMENTO LECTOR. 

O luns e o martes os rapaces e rapazas maiores foron visitar e coñecer aos seus apadriñados. Xuntos pasaron pola biblioteca e escolleron os libros que mais lle gustaban aos pequenos. Por fin o xoves, o tempo acompañaba, baixamos ao patio e puidemos gozar dunhas lecturas moi moi entrañables.


Cando rematou a frase mais oída era "cando o imos repetir?"

sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO CONTO: ES UN LIBRO!!


O libro ideal para contar no noso DÍA DO CONTO para celebrar o DÍA DO LIBRO, a que si? 
Este é a nosa homenaxe aos libros de papel.


 "El pequeño asno, acostumbrado a la tecnología, no conoce lo que su amigo El mono tiene entre sus manos:"¿Envía mensajes?¿Sirve como blog? ¿Tiene Wi-Fi? ¿Tweetea?"... 
"¡No! ¡Es un libro!" 


Una idea sencilla y contundente que responde a todos aquellos que han profetizado el fin de los libros impresos.

Aquí deixámosvos o vídeo en inglés con subtítulos en español.

viernes, 22 de abril de 2016

FELIZ FEROZ

Hoxe recibimos a visita de Miguel e Alberto, autor e ilustrador da historia de "Feliz Feroz".



O alumnado de primeiro leron o libro e tanto lles gustou, que fixeron unha adaptación teatral do conto. Hoxe agasallaron aos autores, representando algunhas das escenas.







  Moitas grazas pola vosa visita e esperamos que nos podades presentar pronto o voso novo libro.

Podedes atopar mais información premendo aquí

miércoles, 20 de abril de 2016

Bibliomistos pola Coruña

O novo reto vai ser mais fácil que o anterior.
 Cando visitedes este lugar, se paseades polos arredores atoparedes a "Casa das palabras", antigamente chamada "Cemiterio dos mouros"



Esperamos as vosas fotos e recordade que podedes ver todas as fotos expostas no vestíbulo e nas escaleiras do centro.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Non hai nada como un libro , así comeza a mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da Unesco co gallo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de autor 2016.
 En Galicia tamén celebramos esta data tan importante para as bibliotecas e os libros. A Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal, agasallo de Pedro Feijoo.

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/D%C3%8DPTICO_DEF_16.pdf


Nós estamos a realizar varias actividades:

       - Lectura adaptada dalgúns capitulos de  "Don Quijote" 

       - Adaptación e representación da novela "El retablo de las maravillas"

       - Apadriñamento lector.

       - Invitación ás familias para contar un conto na biblioteca á aula dos seus fillos.

Pouco a pouco iremos subindo as imaxes e a información sobre cada unha destas actividades.

A mellor forma de celebralo é LENDO UN LIBRO.

SUEÑOS DE ARENA

O espectáculo que fomos ver ao Forum, "Sueños de arena" deixounos abraiados a todos.

Cando chegamos ao cole, opinamos e contamos que cousas nos chamaron mais a atención. Houbo unanimidade "como se poden facer eses debuxos tan bonitos soamente coas mans e area".

 


Carmela resumiu a historia deste xeito:

Un señor se despierta por la noche y empieza a soñar; sueña que es el dueño de un circo y ese circo va por todo el mundo: China, Francia, Italia... y llega a A Coruña y conoce a una chica con la que se casó y con la que vivió muy feliz.

¡Pero todo era un sueño!

La historia se hizo a base de dibujos de arena, lo hizo como si tuviera "magia" en las manos.

Me gustó mucho, fue muy emocionante, increíble e interesante.

Lucía comenta que é unha mezcla de títeres e arte con area.É incrible que se poida debuxar tan ben, tan rápido e con area!

lunes, 18 de abril de 2016

DÍA DO CONTO: LA FLOR DEL TAMARINDO

Despois de moito esforzo e moito traballo, Eire, Alba, Lola, Sofía, Yaiza, Gabriela e Lorena de 2ºA, conseuiron representar "LA FLOR DEL TAMARINDO" de Luisa Villar e ilustrado por Jesús Gabán.
A espera pagou a pena porque representárono moi ben e diante dun público entregado.

"En el Tercer Mundo una niña quería ir al colegio. 
Vivía en una pequeña ciudad, en la que todos tenían un tamarindo a las puertas de su casa. 
Cada año, un tamarindo, sólo uno, daba una flor prodigiosa. Todos anhelaban ver florecer en su árbol la prodigiosa flor que tenía la virtud de hacer cumplir el deseo de su sueño."

Aquí deixámosvos un vídeo con anaquiños da representación.


sábado, 16 de abril de 2016

Sueños de arena

Coñeciamos diferentes linguaxes para expresar os nosos sentimentos. A linguaxe que descubrimos hoxe nesta actuación non era maxia, aínda que o parecía, nin un soño.



A Cia. Borja Ytuquepintas representou un espectáculo multidisciplinar  "Sueños de arena" no que combinan arte con area, a música dun teclado e unha marioneta de gran tamaño.

Borja, o ilustrador, con area e as súas mans fíxonos vivir unha historia chea de sentimentos e viaxamos por París, Pisa, A Coruña...






Foi marabilloso e abraiante.


miércoles, 13 de abril de 2016

LA OVEJA BALA

Carolina, a mamá de Alexandra, presentounos o libro "La oveja bala" coa axuda de Pablo, o ilustrador.



"La oveja bala" é un libro de imaxes, o texto foi a creación de cada alumno e alumna das aulas dos "Cocoricos" e as "Orugas lambonas".

Carolina e Pablo tamén explicáronos como se fai un libro. Moitas grazas Pablo e Carolina.Esperamos volver a veros moi pronto.

DON QUIJOTE

A asistencia ao concerto Don Quijote xerou moitos comentarios e opinións. Algúns deles nunca viran en directo unha representación de ballet e quedaron abraiados.

Aqui podedes ler algunhas opinións.

Javier: gustáronme as confusións dos xitanos -monstros, muiños - xigantes. Francisco:o mellor foi a música e as personaxes, encantáronme.

 Uxía: a música, ao comezo suave e tranquila, e de repente moito mais forte; e a sincronización dos bailaríns e bailarinas. 

Diego: gustoulle a música, sobre todo a do comezo, que o fixo sentirse moi relaxado.

 Alejandro. gustoulle moito, o que menos lle gustou foi que durou moi pouco. 

Marcos: gustoulle especialmente o primeiro acto. 

Aitana: quedou abraiada co vestiario. Os traxes, dependendo das personaxes, eran mais ou menos vistosos e non parecían pesados á hora dos desprazamentos. 

María: gustoulle o argumento, a posta en escena e a delicadeza dos pasos dos bailaríns e os traxes.

martes, 12 de abril de 2016

Los Mimpins

A Billy, a súa mamá non lle permite entrar no bosque próximo á casa onde viven. Advírtelle que hai monstros e seres horribles que poden facerlle dano... Pero Billy non fai caso e un día entra no bosque...que lle sucederá ao pequeno Billy?, atopará bestas terribles ou descubrirá un mundo marabilloso?..

O alumnado de terceiro leron este sorprendente libro de Roald Dahl, debuxaron os seus monstros e mais tarde representaron na biblioteca, nunha animación moi divertida, a historia.

lunes, 11 de abril de 2016

"El terror de 6º B"

Como disfrutaron, que ben o pasaron!    


Primeiro lendo o libro de Yolanda Reyes "El terror de 6º B" e logo na animación 

que tiveron nesta semana na biblioteca.


jueves, 7 de abril de 2016

DON QUIJOTE

Neste mes dos libros estamos homenaxeando a Miguel de Cervantes, no 400 aniversario da súa morte.
Nesta homenaxe estamos a realizar diversas actividades.
Hoxe fumos ver e escoitar un ballet baseado no segundo llibro de "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha".


A orquestra Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego deleitáronos coa súa actuación.


lunes, 4 de abril de 2016

MATHS CHAMPIONS

Queremos felicitar aos nenos e nenas de 5 anos que participaron no concurso de matemáticas MATHS CHAMPIONS.

Sodes uns grandes campións.

domingo, 3 de abril de 2016

Os libros voadores

Algunha vez víchedes libros que voan, bailan, camiñan...

Os libros voadores. Vídeo en 3D

Morris vive en Nova Orleans. Un día, mentres estaba no balcón dun hotel escribindo un libro, foi atrapado por un furacán que o leva xunto ao seu libro e mesmo a toda unha cidade, a un mundo en branco e negro...

O MES DOS LIBROS

Comezamos o mes mais fantástico:"O mes dos libros"

Empezaremos cunha homenaxe a Hans Crhistian Andersen Disfrutaremos coa lectura dos seus contos: O traxe novo do emperador, O soldadiño de chumbo, As zapatillas vermellas, A príncesa e o chícharo, A sirenita... e moitos outros contos. 

Todas as bibliotecas de Galicia celebramos o Día Internacional do Libro Infantil, o día 2 de abril, día no que se celebra o nacemento de Andersen. A IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.



A escritora brasileira, Luciana Sandroni escribiu un texto no que nos mostra a gran fascinación que exercen os libros e as bibliotecas nos amantes da lectura.