jueves, 24 de octubre de 2024

Día das bibliotecas escolares: 24 outubro

 Coincidindo co día das bibliotecas escolares comezamos a apertura da nosa biblio no tempo de recreo. Será atendida polos axudantes de 6º xunto coas mestras. E o alumnado de primaria poderá vir para ler, levar libros en préstamo, solicitar algún conto, xogar cos xogo de mesa, representar contos, construír cos legos, ou escoitar os contacontos dos venres. Desfrutando da lectura e dos libros entre amigos/as de todas as idades.







miércoles, 23 de octubre de 2024

Contos de Samaín

                                                                 Para os pequenos:


Para os máis maiores:


miércoles, 16 de octubre de 2024

Apertura da biblioteca durante os recreos

 Despois de estas semanas de posta a punto e de realización das formacións de usuarios, a biblioteca xa ten data de apertura no tempo de lecer, coincidindo co Día das bibliotecas, será o 24 de outubro. Agardámosvos!



martes, 15 de octubre de 2024

Convocatoria Contos de medo

 Como todos os anos celebraremos Samaín/Halloween con contacontos e proxeccións con temáticas de medo durante a última semana de outubro, ademáis do noso tradicional truco ou trato e o paso polo túnel do terror. O mércores 30 de outubro poderán vir disfrazados, evitando máscaras e complementos perigosos. Este ano como novidade, convidámosvos a participar na narración/representación de contos de medo. Se tedes dispoñibilidade e vos apetece participar, anotádevos no seguinte cuestionario na hora e data do curso do voso fillo/a. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScDxjJeSUu-X_5bdo5GO6ApSIogFOEtNPAizZO3-tA6jHSUXw/viewform?usp=sharing

lunes, 14 de octubre de 2024

Mostra de teatro escolar

 O alumnado de 1º de primaria participou o curso pasado na XXXIII Mostra de teatro organizada polo Concello de A Coruña. Xa están publicadas as representacións das obras dos artistas. Este ano o cole volve a participar con outros cursos como protagonistas.