Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2024

Día do libro: 23 DE ABRIL


Como todos os anos realizamos o noso tradicional apadriñamento lector, xuntando alumnado de diversas idades para compartir tempos de lectura e contar historias. Como novidade este curso, os nenos e nenas de 2º e de 6º de primaria atrevéronse a ler e contar en inglés. 



miércoles, 20 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

Todos os nen@s do cole xa están preparando o recitado das súas poesías. Tanto das que inventaron como das que memorizaron para conmemorar este día. Debido a planificación das saídas do centro temos que pospoñer o PADRIÑAMENTO POÉTICO para o vindeiro luns 25.

sábado, 29 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

O mes dos libros chega ao seu fin. Durante todo o mes fixemos moitas actividades, rematámolo coa actividade favorita de toda a rapazada: O apadriñamento lector.

viernes, 28 de octubre de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

Ola!
Xa estamos aquí de novo. Temos por diante,  un novo curso cheo de actividades que estamos a preparar o equipo de biblioteca.
Bibliomistos gozou tanto coñecendo Coruña, que agora quere coñecer toda Galicia. Nós imos axudarlle e pouco a pouco iremos ensinándolle todo o que  investiguemos.
Queremos contar coa vosa axuda.
Esta semana celebramos o "Día das bibliotecas" coa actividade que mais lles gusta á nosa rapazada o APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os maiores do cole escolleron un libro, prepararon a lectura, recolleron aos seus afillados e nun lugar do patio, escollidos por eles, gozaron coa lectura e as imaxes do seu libro.


Isto só é o principio, seguiremos gozando coas nosas  lecturas.

domingo, 24 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que mes mais incrible!
Seguimos coas actividades do mes dos libros. O xoves fixemos a actividade que mais lle gusta a o noso alumnado o APADRIÑAMENTO LECTOR. 

O luns e o martes os rapaces e rapazas maiores foron visitar e coñecer aos seus apadriñados. Xuntos pasaron pola biblioteca e escolleron os libros que mais lle gustaban aos pequenos. Por fin o xoves, o tempo acompañaba, baixamos ao patio e puidemos gozar dunhas lecturas moi moi entrañables.


Cando rematou a frase mais oída era "cando o imos repetir?"

lunes, 20 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO 20-24 ABRIL

Como xa sabedes ésta é a Semana do Libro no cole. Ímos facer moitas actividades ao longo da semana, non só o Día do Libro (xoves 23 abril).
As actividades vanse desenvolver na hora de ler, agás o experimento con libros que vai ser no recreo.
Deixámosvos aquí o programa da semana.

  1. LUNS: Teatro de sombras "PÉTALA" Ed. Kalandraka, 1º ciclo de primaria
  2. MARTES: Teatro de sombras "PÉTALA", 3º ciclo de primaria.
  3. MÉRCORES: "Los porqués de la ciencia con el Dr. QUESÍ y el Dr. QUENO", 2º ciclo primaria
  4. XOVES: Apadriñamento lector. Todo o colexio.
  5. VENRES: Teatro lido: "Juicio al lobo", Infantil.
Tamén ao longo do mes de abril e maio ímos celebrar o noso mes de CONTOS EN FAMILIA, para que todos aqueles que queirades vir a contar contos aos vosos rapaces podades facelo.
Moitas grazas anticipadas a todos

miércoles, 24 de abril de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe celebramos o "Día do libro"
A mellor forma de celebralo é lendo libros, e iso é o que fixemos hoxe no noso cole. As nenas e nenos de segundo e terceiro ciclo colleron un libro, que tiñan escollido anteriormente, e foron as clases de Educación Infantil e primeiro ciclo. Alí recolleron aos seus afillados e buscaron un lugar onde poder lerlles o libro. Logo devolveron o libro á Biblioteca acompañados polos pequenos para que visen onde estaba o libro e puideran levalo á casa en préstamo ou lelo de novo na Biblioteca.